20.9.09

CLASES ABERTAS E GRATUÍTAS / SEMANA ABERTA


Do 1 ó 6 de outubro poderás coñecer de maneira práctica e gratuíta as actividades do curso 2009-2010. É un primeiro contacto cos traballos que programamos no Laboratorio de Movementos para que elixas o que máis che interesa.

DANZA CONTEMPORÁNEA: Xoves 1 ás 20:30
TANGO: Luns 5 ás 20:30
IOGA: Luns 5 ás 19:00
DANZA PARA NENOS/AS: Martes 6 ás 18:30
TAICHI: Martes 6 ás 17:00

Para reservar praza nas clases abertas tes que chamar ó 659.888.709 ou enviarnos un correo electrónico ó laboratoriodemovementos@yahoo.es
Tódolas sesións impartiránse no Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15 baixo en Santiago de Compostela.

18.9.09

TAICHI - CURSO REGULAR

O QiGong, que significa traballo coa enerxía, é a base onde atopamos ó TaiChi. Neste curso prepararémonos con exercicios de QiGong para comprender como funciona o TaiChi; beneficiándonos deste “baile a cámara lenta”. Tódolos xoves de 17:00 á 18:30 practicaremos o TaiChi (estilo Yang) mellorando a nosa saúde e combatendo o stress. Estas sesións orientámolas a practicantes de disciplinas corporais que queren conseguir un dominio da forma para logo poder practicala autónomamente.

Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes e acadou o seu certificado profesional na Federación Alemana de QiGong e TaiChi. Tamén formouse en técnicas de traballo físico para actores como o Suzuki e estudou Método Talmi. Atoparedes máis información sobre o seu traballo no: www.cositadeoro.com

Mesualidade: 30 euros
Espazo: Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15, baixo en Santiago de Compostela

CLASE ABERTA O XOVES 29 DE OUTUBRO ÁS 17:00

16.9.09

DANZA CONTEMPORÁNEA - NIVEL ABERTO


Tódolos martes e xoves de 20:30 á 22:00 comenzaremos cun quecemento básico que asegure o corpo para contactar con diferentes técnicas de danza. Os obxectivos deste curso regular serán flexibilizar, fortalecer e conseguir un corpo resistente para experimentar co traballo de improvisación e coa creación coreográfica.

Mesualidade: 65 euros

DANZA PARA NENOS/AS NA ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL "OS TILOS"

A danza como medio educativo é beneficioso para o corpo e a mente dos máis pequenos. Xogando entraremos en contacto coa base do ballet, a danza moderna e a expresión corporal. Descubriremos o movemento natural a través de exercicios baseados na natureza: elementos, animais, obxectos e ritmos; co obxectivo de espertala creatividade e a imaxinación dos alumnos/as.

Idades: de 4 á 8 anos
Horarios: Tódolos xoves de 16:30 á 17:30 dende o 15 de outubro.
Esta actividade é unha colaboración coa Asociación Recreativa e Cultural "OS TILOS"


Imparte: Branca Novoneyra é bailarina e coreógrafa.Diploma de Estudios Avanzados en Didáctica da Educación Artística pola Universidade de Granada. Dende o 2003 desenvolve a súa actividade docente e no 2006 funda o Laboratorio de Movementos un espazo de referencia en Santiago dedicado á pedagoxía da danza e doutras disciplinas corporais.

15.9.09

TANGO ARGENTINO - CLASES REGULARES



Comenzamos as clases regulares de Tango argentino tódolos luns de 20:30 á 22:00 no Laboratorio de Movementos.






Mensualidade: 35 euros
Inscricións: 659.888.709

14.9.09

SUZUKI - CURSO INTENSIVO

Durante os días 9, 10 e 11 de outubro entraremos en contacto co adestramento xaponés que inventou Tadashi Suzuki nos anos oitenta. Caracterízase por un traballo corporal moi forte e dinámico que integra o corpo, a respiración, o texto e a imaxinación. Logra activar ó máximo a enerxía para logo conseguir unha profunda relaxación. Este curso oriéntase a estudantes e profesionais do teatro, a danza e outras artes do movemento.

Imparte: Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes en Alemaña. Tamén formouse noutras técnicas como o QiGong, o TaiChi o Suzuki e o Método Talmi.

Horarios: Venres de 17:00 á 20:00 e
Sábado e domingo de 11:00 á 14:00 e de 17:00 á 20:00

Matrícula: 80 euros

Espazo: Laboratorio de Movementos na Rúa do medio 15, baixo. Santiago de Compostela

Inscricións: 659.888.709

CURSO INTENSIVO DE DANZA CONTEMPORÁNEA


Do 28 de setembro ó 2 de outubro entre as 11:30 e ás 14:00, Kirenia Martínez traballará con propostas de quecemento, contacto e improvisación, incluídas diversas ferramentas para a creación dun solo, apoiándose no proceso que está a desenvolver para a Cía. Branca Novoneyra como directora e coreógrafa da súa próxima peza Game Over.

Kirenia Martinez é bailarina e actriz. Formouse na Escola Superior de Arte de La Habana e participou e numerosos proxectos e festivais de carácter internacional. Integrante da Cía. Entremáns, foi tamén bailarina do Centro Coreográfico Galego para Vacuo e o Kiosco das Almas Perdidas. Ven de dirixir Kyra, o proceso de investigación coreográfica que pechou a última tempada do Centro. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido

6 prazas

Matrícula: 70 euros

Inscricións: 659.888.709