20.11.09

SUZUKI - CURSO INTENSIVO

Programamos para os días 4, 5 e 6 de decembro o segundo curso de Suzuki en Galicia. Este adestramento xaponés é un traballo corporal moi forte e dinámico, implica conxuntamente o corpo, a respiración, o texto e a imaxinación.
En cada sesión lograremos activar ó máximo de enerxía para logo conseguir una profunda relaxación. Este curso oriéntase a estudiantes e profesionais da escena.
O día 6 de decembro ás 19:00 programamos una sesión aberta para que todos os interesados coñezades este novo traballo corporal para estudiantes e profesionais das artes do movemento.

Imparte: Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes en Alemaña. Logo formouse en técnicas de traballo físico para actores como o QiGong, TaiChi, Suzuki e Método Talmi que imparte dende o ano 2005. www.cositadeoro.com


Venres 4: 17:00 á 20:00 e
Sábado 5 e 6 domingo: 11:00 á 14:00 e de 17.00 á 20.00

Matrícula: 80 euros
Espacio: Laboratorio de Movementos en Santiago de Compostela
Inscricións no laboratoriodemovementos@yahoo.es e no 659.888.709

17.11.09

DANZA DO VENTRE - NIVEL ABERTO

Comezaremos cunha posta a punto da nosa principal ferramenta de traballo: o noso corpo.Traballaremos a respiración e os estiramentos. Logo asimilaremos pautas de movemento, pasos e ritmos, trasladándoas á coreografías e mellorando a nosa capacidade de improvisación. Tamén aprenderemos a relaxarnos.


Fran Rivero é actor e bailarín. Formouse en interpretación e dramaturxia en Espacio Aberto (Santiago de Compostela) e na Casa Encendida e na Casa de América (Madrid). Estudou danza contemporánea e expresión corporal con Julie Dossavi, Dominik Boruki, Carlos Fernandez, Xavier Marqueríe, Olga Mesa e Carlos Neira; butho con Katsura Kan e Wendell Wells en Madrid e danza do ventre con Nidal Josaini.

Tódolos mércores de 21:15 á 22:30h.
Inicio das clases o mércores 2 de decembro

Máis info: 659.888.709

9.11.09

A DANZA CONTEMPORÁNEA - MATERIAIS TEÓRICOS 1

Como apoio teórico ás clases de danza podedes consultar este link que recolle información básica e sintetizada sobre a danza contemporánea. Tamén relacionar esta información cos seguintes vídeos de cinco coreógrafos/as indiscutibles (primeira e segunda xeración) como son Mary Wigman, Martha Graham, Doris Humprey, Merce Cunningham e José Limón.