30.1.10

DANZA PARA AVANZADOS

A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases estables do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Formada na Escola Superior de Arte de La Habana. É cofundadora da Cía. Entremáns, ven de dirixir Kyra, o derradeiro traballo do CCG. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido.
O movemento como recurso dramático e a investigación sobre o contacto e a improvisación son dúas das liñas que vertebran este curso orientado a profesionais e estudiantes avanzados das artes do movemento.
Tódolos martes e mércores de 11:30 á 13:00.
6 prazas por orde de inscripción no 659.888.709
Mensualidade:80 euros

23.1.10

YVONNE RAINER

Yvonne Rainer, coreógrafa e cineasta americana, presentou en 1968 en Nova York a súa peza Trio A. A mente é un músculo. Con ela a danza transformouse nun modo de pensamento. Nisto Artaud tivera moito que ver definindo a palabra como o músculo da lingua, a respiración e o movemento das mandíbulas. Case vinte anos despois, Olga Mesa presenta EstO NO eS Mi CuerpO, unha peza que xurdiu dunha teima evidenciada pola creadora: “Descoñezo o que pensa o corpo e o que sinte o pensamento”.

11.1.10

NOVAS TÉCNICAS DE DANZA

Despois da gran aportación de coreógrafos fundamentais como Martha Graham, Doris Humprey, José Limón e Merce Cunningham -todos eles constructores de diversas técnicas para interpretar as súas coreografías- os novos coreógrafos seguiron investigando e atoparon outras posibilidades cinguidas a novas formas de expresión a través do movemento. Xurdiron entón o contact improvisacion, o release, o body mind centering e o flying low.

Estes novos vocabularios posibilitaron unha gran diversidade dancística, ampliaron as fronteiras canonizadas polas fortes aportacións da primeira e segunda xeración e posibilitaron unha nova liberdade expresiva a través do movemento para contar a realidade de fin de século.

9.1.10

DANZA ORIENTAL EN XANEIRO


Novos horarios nas clases de danza oriental
Luns de 17:00 á 18:30 h con Mariana Vieira Basso
Mércores de 21:15 á 22:30 h con Fran Rivero
no Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15, baixo en Santiago