29.10.10

LAMENTATION

Unha imaxe da fotógrafa norteamericana Bárbara Morgan de Martha Graham na súa obra Lamentation (1930), un fito da danza moderna que podeses ver neste vídeo comentado pola propia coreógrafa.

23.10.10

DANZA CONTEMPORÁNEA EN NOVEMBRO

A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases recoñecibles do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Todos os martes e xoves de 11:30 á 13:30 contactaremos co movemento como recurso dramático e investigaremos tamén sobre a improvisación e o contacto. Este curso oriéntase a iniciados na danza, no teatro e no circo.

Imparte: Kirenia Martínez é bailarina,actriz e coreógrafa. Formouse na Escola Nacional de Arte de La Habana. Participou en numerosos proxectos e festivais internacionais. Integrante da Cía. Entremáns, foi bailarina de Danza Teatro Retazos (Cuba) e do Centro Coreográfico Galego para o que dirixiu Kyra, un proceso de investigación coreográfica que pechou a tempada 2009.
Podedes ver un ensaio da súa próxima peza Blondy´s Coffe neste vídeo.

Mensualidade: 80 euros
Matrícula ata o 31 de outubro no 659.888.709

8.10.10

INICIACIÓN AO COMPÁS E BAILE FLAMENCO



O flamenco é unha modalidade de baile na que os movementos de pés, mans e brazos son moi precisos aínda que os bailaores e bailaoras improvisen dentro dunha estructura. Neste curso intensivo contactaremos cos diferentes “palos” e traballaremos o compás, a colocación, a coordinación de brazos e pernas e a técnica de pés.

Arantza Villar é actriz e traballa habitualmente coas compañías Nut Teatro e Chévere Producións. Realizou formación regular de baile flamenco na Escola de Danza El Taller a cargo da bailaora Beatriz Gamborino e recibiu varios cursos intensivos cos bailaores sevillanos Carlos Robles e Marco Vargas.
23 e 24 de outubro de 10:00 á 14:00h.
60 euros
Matrícula no 659.888.709

7.10.10

CLASES DE DANZA ORIENTAL


Todos os luns de 18:30 á 20:00 de nivel intermedio e
os venres de 18:30 á 20:00 de iniciación con Mariana Vieira
Mensualidade: 35 euros