30.1.11

NUMERIDANSE.TV

Numeridanse.tv é un proxecto asociado á videoteca da Maison de la Danse (Lyon) que ten como obxectivo desenvolver a cultura coreográfica en diferentes áreas (difusión, apoio á creación e pedagoxía) e para diferentes audiencias (público en xeral, profesionais e comunidade educativa). Dende o seu site acedemos a unha oferta libre de pezas coreográficas, filmes de danza (documentales, ficción...), entrevistas con importantes coreógrafos e propostas didácticas con recoñecidos profesores. Na primeira entrega: Mathilde Monnier, Viola Faber, Alwin Nikolaïs, Françoise Dupuy e moitos máis. Na imaxe un intre de Soapéra, unha colaboración entre o pintor Dominique Figarella e a coreógrafa Mathilde Monnier.

7.1.11

HORARIOS DENDE XANEIRO

Luns:danza clásica de 15:00-17:00, flamenco de 18:30-20:00 e tango de 20:30-22:00
Martes: danza contemporánea de 20:30-22:00
Mércores: ioga de 21:00-22:00
Xoves: danza clásica de 15:00-17:00 e danza contemporánea de 20:30-22:00
Venres: danza oriental de 18:30-20:00