31.3.11

SESIÓNS EN ABRIL CON MÓNICA GARCÍA


Na primeira quincena de abril a bailarina Mónica García ensaiará no noso espazo La velocidad de las cosas, unha produción apoiada polo Centro Coreográfico Galego, que estreará o vindeiro xuño na Sala Nasa.
Os días 4, 6, 8 e 15 de abril abrirá de 10.00 á 11:00 o seu adestramento sobre un traballo físico co que entrar ó material propio seguindo certas pautas.

Mónica García é titulada en Coreografía e técnicas de interpretación da Danza polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid , ademais de Especialista en “Cambios na Cultura e na Sociedade, novas tecnoloxías, novas industrias e novos usos” pola UOC-LABoral. Podedes ver unha mostra do seu traballo neste vídeo.

Prezo das sesións: 40 euros / 5 prazas/ Info e inscripcións no 659.888.709

22.3.11

DANZA CLÁSICA - INICIACIÓN ADULTOS


Luns e Mércores de 17.15 á 18.30 para maiores de 16 anos iniciados na danza clásica.

Berta Secall é Licenciada polo Conservatorio Superior de Danza “María Ávila” de Madrid na especialidade de Pedagoxía da Danza Clásica. Iniciou os seus estudos de danza clásica en el Institut del Teatre de Barcelona e no 1998 gañou unha bolsa para perfeccionarse no Centro Internacional de Danza de Madrid coa mestra Carmen Roche. Formouse tamén con Mirta Pla, Karemia Moreno, Rodolfo Castellanos, Orlando Salgado, Lázaro Carreño, Aurora Bosch, Jorge Christoff, Azari Plisetsky, María Blanco, Guillermina Coll, Gonzalo Zaragoza.
Foi parte do elenco de la compañía del Ballet Carmen Roche e traballou con coreógrafos como Ramón Oller, Tony Fabre, Alessandra Panzavolta, Ángel Rodríguez, Pascal Touzeau, Gustavo Ramírez e Goyo
Montero.

Comenzamos o luns 4 de abril
Grupos reducidos
Mesualidade: 60 euros
Matrícula no 659.888.709