29.10.11

BARBARA MORGAN

Nesta imaxe da bailarina e coreógrafa Martha Graham, Barbara Morgan recolle a excepcional busca da modern dance norteamericana, un fenómeno que revolucionou para sempre a danza escénica. Neste flickr atoparedes máis de cen fotos da artista visual que mellor documentou a esencia do pensamento do corpo nesta época dourada.

2.10.11

CURSO DE KIN-JO

O Kin-Jo é un arte marcial moderno que provén das tradicións milenarias. Permítenos dinamizar o corpo e equilibrar o noso interior. KIN-JO significa "Fonte Universal do Movemento" e amósanos a posibilidade de rexenerarnos e acadar a plenitude na vida cotián.

As katas empregadas sometéronse a probas por enerxéticos, médicos acupuntores e mestres de artes marciais. O Kin-Jo é accesible a todos e a todas as idades e asocia dinamismo e axilidade. Iste arte moderno ofrece unha nova vía orixinal, precisa, estructurada i eficaz que permite a expresión da beleza das nosas capacidades.

Imparte Olivia Aguilar. Traballa como quiromasaxista dende 1996. Especializada en diferentes técnicas de masaxe, linfoterapia, enerxética e naturopatía integrativa; é transmisora oficial de Kin-Jo dende o 2006. Impartiu cursos de Kin-Jo en España e Francia e colabora en cursos de Naturopatía integrativa en España e Portugal.

Martes e Xoves de 15.30 á 16.30h
1 día á semana/25 euros
2 días á semana/40 euros
clase solta/12 euros

Máis información e matrícula no 659.888.709

1.10.11

NOVO HORARIO DO CURSO DE DANZA CON MÓNICA GARCÍA: ESTADOS DISPOÑIBLES - TRAXECTORIAS IRREVERSIBLES (I)

A bailarina Mónica García impartirá tamén os mércores e xoves a súa proposta formativa:

Propoño un traballo de adestramento físico que sitúe o corpo en posición de acoller diferentes posibilidades de movemento. Despois, traballando dende a diversificación da atención que propicia a simultaneidade entre repetición de estímulos e produción de materiais, xeraranse construcións coreográficas transitorias que representan os estados, as velocidades e as dinámicas do corpo. Estas construcións articularanse a través do emprego de distintas ferramentas que manexaremos ó longo deste curso. O obxectivo é atopar dende o contexto proposto unha maneira subxectiva de entender e xerar o movemento.”

Os bloques temáticos básicos sobre os que traballaremos:
- adestramento físico.
- alineación e espazos do corpo.
- xeración de construcións coreográficas transitorias

Os mércores de 20.30 á 22:00 e os xoves de 18.30 á 20.00 de outubro á decembro.
Comeza o día 5 de outubro.
Mínimo 6 prazas e máximo 10 para a apertura do curso.
Mensualidade: 65 euros

Mónica García é titulada en Coreografía e técnicas de interpretación da Danza polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid , ademais de Especialista en “Cambios na Cultura e na Sociedade, novas tecnoloxías, novas industrias e novos usos” pola UOC-LABoral. Bailou con Catherine Diverrés para o CCNRB en Francia, no Staatstheather de Damstadt en Alemaña, nas compañías 10&10 e Provisional Danza entre outras. Foi asistente coreográfica en "Das haus of Bernarda Alba" dirixida por Mei Hong Lin para o Staatstheather de Darmstadt e foi profesora de danza para dita compañía. Podedes visitala na súa nova web.