4.2.10

GAME OVER

GAME OVER é unha peza na que a bailarina Branca Novoneyra, autora do libro Dentro do Labirinto publicado en Espiral Maior, traza un percorrido seguindo a orde dos poemas que o lector atopa na obra. A coreógrafa Kirenia Martínez dirixiu esta viaxe na que a escritora entra dentro do seu labirinto transformado nun videoxogo. Nel a intertextualidade entre danza e poesía chegan ó límite buscando unha saída.

30.1.10

DANZA PARA AVANZADOS

A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases estables do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Formada na Escola Superior de Arte de La Habana. É cofundadora da Cía. Entremáns, ven de dirixir Kyra, o derradeiro traballo do CCG. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido.
O movemento como recurso dramático e a investigación sobre o contacto e a improvisación son dúas das liñas que vertebran este curso orientado a profesionais e estudiantes avanzados das artes do movemento.
Tódolos martes e mércores de 11:30 á 13:00.
6 prazas por orde de inscripción no 659.888.709
Mensualidade:80 euros

23.1.10

YVONNE RAINER

Yvonne Rainer, coreógrafa e cineasta americana, presentou en 1968 en Nova York a súa peza Trio A. A mente é un músculo. Con ela a danza transformouse nun modo de pensamento. Nisto Artaud tivera moito que ver definindo a palabra como o músculo da lingua, a respiración e o movemento das mandíbulas. Case vinte anos despois, Olga Mesa presenta EstO NO eS Mi CuerpO, unha peza que xurdiu dunha teima evidenciada pola creadora: “Descoñezo o que pensa o corpo e o que sinte o pensamento”.

11.1.10

NOVAS TÉCNICAS DE DANZA

Despois da gran aportación de coreógrafos fundamentais como Martha Graham, Doris Humprey, José Limón e Merce Cunningham -todos eles constructores de diversas técnicas para interpretar as súas coreografías- os novos coreógrafos seguiron investigando e atoparon outras posibilidades cinguidas a novas formas de expresión a través do movemento. Xurdiron entón o contact improvisacion, o release, o body mind centering e o flying low.

Estes novos vocabularios posibilitaron unha gran diversidade dancística, ampliaron as fronteiras canonizadas polas fortes aportacións da primeira e segunda xeración e posibilitaron unha nova liberdade expresiva a través do movemento para contar a realidade de fin de século.

9.1.10

DANZA ORIENTAL EN XANEIRO


Novos horarios nas clases de danza oriental
Luns de 17:00 á 18:30 h con Mariana Vieira Basso
Mércores de 21:15 á 22:30 h con Fran Rivero
no Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15, baixo en Santiago


27.12.09

DANZA CONTEMPORÁNEA - MATERIAIS 2

Despois de entrar na posmodernidade con Cunningham, atopamos tres discursos coreográficos esenciais para a escena contemporánea como a danza-teatro de Pina Bausch (1940-2009), a poética acuática de Carolyn Carlson (1943) e o minimalismo matemático de Anne Theresa de Keersmaeker (1960). A producción destas tres coreógrafas marcou a danza de fin de século e son imprescindibles para entender o panorama das artes do movemento na actualidade.