1.12.10

CURSO DE VOZ E MOVEMENTO

O traballo da voz permite conectarse co mais profundo, co noso ser máis íntimo. O curso propón unha exploración da voz e a súa conexión ao corpo mediante improvisacións, cancións e texto. Grazas a exercicios de respiración e exercicios físicos, o actor/bailarin se re-atopa" e descobre tamén novos camiños de expresión. O traballo proposto utiliza técnicas precisas, como a de Roy Hart ou Grotowsky.

Imparte: Natalie Schaevers
10, 11 e 12 de decembro de 10:00h. á 15:00h.
Prezo: 80€ alumnos/as/60€ para colectivos colaboradores /20€ socios de Danesga
Inscripcións: info@danesga.org ata o 8 de deciembro de 2010
Prazas limitadas. Preferentes socios e socias Danesga.

30.11.10

IOGA CON CAROLA GARCÍA


Programamos para o mércores 15 de decembro unha clase de proba de 19:00 á 20:30h. Carola García, mestra con quince anos de experiencia, presentaranos unha mostra do seu traballo que impartirá a partires de xaneiro no Laboratorio de Movementos.
Para quen: Para persoas que nunca practicaran ioga e tambén para practicantes experimentados. Será unha clase multinivel con opcions para todos os niveis.

Que faremos: Practicaremos posturas de ioga traballando os alineamentos do corpo, exercicios sinxelos de respiración e relaxación.

Por que facer yoga: As posturas de ioga ou asanas axúdannos a soltar tensions, a facernos máis conscientes do corpo deixando que a mente descanse y se renove.

Quen é a profesora: Carola García http://www.yogacarola.blogspot.com/


Confirmar asistencia antes do 13 de decembro no 659.888.709 . Prazas reducidas.

18.11.10

MATERIAIS PARA AS CLASES DE INICIACIÓN Á DANZA CONTEMPORÁNEA


Como apoio teórico ás clases de iniciación á danza podedes consultar este link que recolle información básica e sintetizada sobre a danza contemporánea, e tamén relacionar esta información cos seguintes vídeos de cinco coreógrafos indiscutibles (primeira e segunda xeración) como son Mary Wigman, Martha Graham, Doris Humprey, Merce Cunningham e José Limón.

Despois de entrar na posmodernidade con Cunningham, atopamos tres discursos coreográficos esenciais para a escena contemporánea como a danza-teatro de Pina Bausch (1940-2009), a poética acuática de Carolyn Carlson (1943) e o minimalismo matemático de Anne Theresa de Keersmaeker (1960). A produción coreográfica destas tres coreógrafas marcou a danza de fin de século e son figuras imprescindibles para entender o panorama actual das artes do movemento.

Volvendo á gran aportación dos coreógrafos fundamentais como Martha Graham, Doris Humprey, José Limón e Merce Cunningham -todos eles constructores de diversas técnicas para interpretar as súas coreografías- os novos coreógrafos seguiron investigando e atoparon outras posibilidades cinguidas a novas formas de expresión a través do movemento. Xurdiron entón o contact improvisacion, o release, o body mind centering e o flying low.Estes novos vocabularios posibilitaron unha gran diversidade dancística, ampliaron as fronteiras canonizadas polas fortes aportacións da primeira e segunda xeración e posibilitaron unha nova liberdade expresiva a través do movemento para contar a realidade de fin de século.

7.11.10

CURSO DE SUZUKI EN NOVEMBRO


Programamos para os días 20 e 21 de novembro o segundo curso de Suzuki no Laboratorio. Este adestramento xaponés é un traballo corporal moi forte e dinámico que implica conxuntamente o corpo, a respiración, o texto e a imaxinación. Nas sesións lograremos activar ó máximo de enerxía para logo conseguir una profunda relaxación. Este curso oriéntase a estudiantes e profesionais da escena.

Imparte: Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes en Alemaña. Logo formouse en técnicas de traballo físico para actores como o QiGong, TaiChi, Suzuki e Método Talmi que imparte dende o ano 2005.

Sábado 20 de 10:00 á 14:00 e de 17.00 á 20.00h e domingo de 10:00 á 14:00.
Matrícula: 60 euros

Inscricións no 650.657.229 / 659.888.709

2.11.10

CURSO REGULAR DE INICIACIÓN AO COMPÁS E BAILE FLAMENCO

Foto: M. Azibou
O flamenco é unha modalidade de baile na que os movementos de pés, mans e brazos son moi precisos aínda que os bailaores e bailaoras improvisen dentro dunha estrutura. Neste curso regular acercarémonos a este estilo pouco a pouco, partindo do sentimento que esta música nos provoca e tentando descubrir o noso "duende". Contactaremos cos diferentes “palos” e traballaremos o compás, a colocación, a coordinación de brazos e pernas e a técnica de pés.
Imparte: Aranzta Villar é actriz e traballa habitualmente coas compañías Nut Teatro e Chévere Producións. Realizou formación regular de baile flamenco na Escola de Danza El Taller a cargo da bailaora Beatriz Gamborino e recibiu varios cursos intensivos cos bailaores sevillanos Carlos Robles e Marco Vargas.
Horario: Todos os luns de 18:30-20:00
Prezo mensual: 35€
Comezo o 8 de novembro


29.10.10

LAMENTATION

Unha imaxe da fotógrafa norteamericana Bárbara Morgan de Martha Graham na súa obra Lamentation (1930), un fito da danza moderna que podeses ver neste vídeo comentado pola propia coreógrafa.

23.10.10

DANZA CONTEMPORÁNEA EN NOVEMBRO

A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases recoñecibles do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Todos os martes e xoves de 11:30 á 13:30 contactaremos co movemento como recurso dramático e investigaremos tamén sobre a improvisación e o contacto. Este curso oriéntase a iniciados na danza, no teatro e no circo.

Imparte: Kirenia Martínez é bailarina,actriz e coreógrafa. Formouse na Escola Nacional de Arte de La Habana. Participou en numerosos proxectos e festivais internacionais. Integrante da Cía. Entremáns, foi bailarina de Danza Teatro Retazos (Cuba) e do Centro Coreográfico Galego para o que dirixiu Kyra, un proceso de investigación coreográfica que pechou a tempada 2009.
Podedes ver un ensaio da súa próxima peza Blondy´s Coffe neste vídeo.

Mensualidade: 80 euros
Matrícula ata o 31 de outubro no 659.888.709

8.10.10

INICIACIÓN AO COMPÁS E BAILE FLAMENCO



O flamenco é unha modalidade de baile na que os movementos de pés, mans e brazos son moi precisos aínda que os bailaores e bailaoras improvisen dentro dunha estructura. Neste curso intensivo contactaremos cos diferentes “palos” e traballaremos o compás, a colocación, a coordinación de brazos e pernas e a técnica de pés.

Arantza Villar é actriz e traballa habitualmente coas compañías Nut Teatro e Chévere Producións. Realizou formación regular de baile flamenco na Escola de Danza El Taller a cargo da bailaora Beatriz Gamborino e recibiu varios cursos intensivos cos bailaores sevillanos Carlos Robles e Marco Vargas.
23 e 24 de outubro de 10:00 á 14:00h.
60 euros
Matrícula no 659.888.709

7.10.10

CLASES DE DANZA ORIENTAL


Todos os luns de 18:30 á 20:00 de nivel intermedio e
os venres de 18:30 á 20:00 de iniciación con Mariana Vieira
Mensualidade: 35 euros

22.9.10

SEMANA ABERTA DO 4 Ó 8 DE OUTUBRO














Invitámosche a coñecer de forma práctica e gratuita as actividades do curso 2010-2011. Un primeiro contacto cos distintos traballos que programamos no Laboratorio de Movementos axudarache a elexir o que máis che interese.

As prazas son limitadas polo que podes reservar praza no 659.888.709. A admisión realizarase por orde de chegada.


BALLET AVANZADO LUNS 4 16:30 h.
BALLET INTERMEDIO LUNS 4 18:30 h.

IOGA IYENGAR MARTES 5 19:00 h.
DANZA CONTEMPORÁNEA MARTES 5 20:30 h.

IOGA MÉRCORES MÉRCORES 6 21:00 h.
DANZA CONTEMPORÁNEA XOVES 7 20:30 h.

DANZA ORIENTAL VENRES 8 18:30 h.

16.9.10

DANZA CLÁSICA CON BERTA SECALL


Luns e Mércores de 16:30 á 18.00 para estudiantes e profesionais das artes do movemento
Berta Secall é Licenciada polo Conservatorio Superior de Danza “María Ávila” de Madrid na especialidade de Pedagoxía da Danza Clásica. Iniciou os seus estudos de danza clásica en el Institut del Teatre de Barcelona e no 1998 gañou unha bolsa para perfeccionarse no Centro Internacional de Danza de Madrid coa mestra Carmen Roche. Formouse tamén con Mirta Pla, Karemia Moreno, Rodolfo Castellanos, Orlando Salgado, Lázaro Carreño, Aurora Bosch, Jorge Christoff, Azari Plisetsky, María Blanco, Guillermina Coll, Gonzalo Zaragoza. Foi parte do elenco de la compañía del Ballet Carmen Roche e traballou con coreógrafos como Ramón Oller, Tony Fabre, Alessandra Panzavolta, Ángel Rodríguez, Pascal Touzeau, Gustavo Ramírez e Goyo
Montero.

Comenzamos o 4 de outubro
Grupos reducidos
Mesualidade: 70 euros
Matrícula no 659.888.709

11.9.10

DANZA CONTEMPORÁNEA 2010-2011



-INICIACIÓN
Todos os martes e xoves de 20:30 á 22:00 comezaremos cun quecemento que asegure o corpo para contactar co movemento. Os obxectivos deste curso regular serán flexibilizar, fortalecer e conseguir un corpo resistente para experimentar coa improvisación e coa creación coreográfica.

Imparte: Branca Novoneyra é bailarina. DEA pola Universidade de Belas Artes de Granada. Escribe para diferentes revistas especializadas sobre historia e poética da danza. Dende o 2002 colabora con poetas, músicos e vídeoartistas en proxectos interdisciplinares. No 2009 publica Dentro do Labirinto (Espiral Maior) que percorre na súa última peza Game Over.

-AVANZADO
A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases recoñecibles do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Todos os martes e xoves de 11:30 á 13:30 contactaremos co movemento como recurso dramático e investigaremos tamén sobre a improvisación e o contacto. Este curso oriéntase a profesionais e estudantes da danza, do teatro e do circo.

Imparte: Kirenia Martínez é bailarina e actriz. Formouse na Escola Nacional de Arte de La Habana. Participou en numerosos proxectos e festivais internacionais. Integrante da Cía. Entremáns, foi bailarina de Danza Teatro Retazos (Cuba) e do Centro Coreográfico Galego para o que dirixiu Kyra, un proceso de investigación coreográfica que pechou a tempada 2009.
Comezamos o martes 5 de outubro.
Mensualidades: 65 euros iniciación /80 euros avanzado.
Grupos reducidos.
Matrículas no 659.888.709

2.9.10

DANZA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA PARA AVANZADOS



Dende o 4 de outubro comenzamos os cursos regulares orientados á estudiantes e profesionais das artes do movemento. A proposta consiste nunha formación regular en danza contemporánea e clásica con Kirenia Martínez e Berta Secall.

- Luns e Mércores de 16:30 á 18.00: CLÁSICO con Berta Secall. Licenciada polo Conservatorio Superior de Danza “María Ávila” de Madrid na especialidade de Pedagoxía da Danza Clásica. Iniciou os seus estudos de danza clásica en el Institut del Teatre de Barcelona e no 1998 gañou unha bolsa para perfeccionarse no Centro Internacional de Danza de Madrid coa mestra Carmen Roche. Formouse tamén con Mirta Pla, Karemia Moreno, Rodolfo Castellanos, Orlando Salgado, Lázaro Carreño, Aurora Bosch, Jorge Christoff, Azari Plisetsky, María Blanco, Guillermina Coll, Gonzalo Zaragoza. Foi parte do elenco de la compañía del Ballet Carmen Roche e traballou con coreógrafos como Ramón Oller, Tony Fabre, Alessandra Panzavolta, Ángel Rodríguez, Pascal Touzeau, Gustavo Ramírez e Goyo Montero.

Mesualidade: 70 euros

- Martes e Xoves de 11:30 á 13:30: CONTEMPORÁNEO con Kirenia Martínez. Bailarina e actriz. Formouse na Escola Nacional de Arte de La Habana. Participou en numerosos proxectos e festivais internacionais. Integrante da Cía. Entremáns, foi bailarina de Danza Teatro Retazos (Cuba) e do Centro Coreográfico Galego para o que dirixiu Kyra, un proceso de investigación coreográfica que pechou a tempada 2009.
Podedes ver unha mostra das clases que impartiu no Laboratorio neste vídeo.

Mesualidade: 80 euros

Número mínimo de prazas 5 e un máximo de 8 por orde de inscripción no 659.888.709.

23.8.10

NOVOS CURSOS

TANGO todos os luns de 20.30 á 22:00 dende o 13 de setembro con Marco González

DANZA CLÁSICA todos os luns e mércores de 16:30 á 18:00 (para estudantes e profesionais das artes do movemento) e de 18:45 á 20:15 (nivel baixo-medio) dende o 4 de outubro con Berta Secall

IOGA IYENGAR todos os martes e xoves de 19:00 á 20:00 con Mavi Oliva dende o 5 de outubro

DANZA CONTEMPORÁNEA todos os martes e xoves de 11:30 á 13:00 (para estudantes e profesionais das artes do movemento) con Kirenia Martínez e 20:30 á 22:00 (nivel iniciación) con Branca Novoneyra

IOGA todos os mércores de 21:00 á 22:30 con Sagra Quintela dende o 6 de outubro

DANZA ORIENTAL todos os martes de 17:00 á 18:30 (nivel intermedio) e os venres de 18:30 á 20:00 (nivel iniciación) con Mariana Vieira Basso dende o 8 de outubro

INSCRIPCIÓNS ABERTAS NO TLF: 659.888.709

3.8.10

CURSO DE VERÁN: TEATRO DE MOVEMENTO CON GONÇALO GUERREIRO


O primeiro nivel do traballo de expresión é levar o corpo a integrarse no espazo e a reencontrar a súa plasticidade. Trátase dun recoñecemento do corpo con el mesmo no seu dinamismo e na súa riqueza de movementos.
O segundo nivel refírese á identificación. O corpo humano é capaz de imitar absolutamente todo o que existe na natureza. Por “imitar” enténdase “transformarse en”, “ser”. De tal forma que o espectador, a través da suxestión do actor, non vexa o seu corpo, senón a auga, o vento, un bosque ou unha montaña. O corpo humano en movemento é mesmo capaz de chegar a suxerir un son, unha cor ou unha materia.
O terceiro nivel dedícase á transformación. Quere dicir que as calidades dinámicas da auga, do vento, dunha cor ou dunha materia son transformables nun personaxe humano con esas mesmas características. Como camiña un personaxe “terra”? Como fala un personaxe “lume”? Como xesticula un personaxe “chicle”?

Este curso intensivo impartirase entre o 6 ó 9 de setembro de 19:00 á 21:30h no Laboratorio de Movementos. A matrícula formalizarase chamando ó 659.888.709 e ingresando 70 euros por conta bancaria. O número máximo de alumnos será 8.


Gonçalo Guerreiro (Lisboa, 1974). Rematou a formación de actores na Escola Superior de Teatro e Cinema de Lisboa despois de pasar pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid como bolseiro. Traballou como actor nas compañías portuguesas A Barraca e Teatro do Montemuro. Dirixiu espectáculos do Teatro Escondido, da Compagnie Imagerie e da Compagnie Blablablah na Bélxica. É diplomado pola École Lassaad, en Bruxelas onde herdou a pedagoxía de Jacques Lecoq do Teatro de Movemento. Estudou Commedia dell’Arte con Antonio Fava en Italia e Antropoloxía Teatral con Eugenio Barba na Polonia, Dinamarca e Portugal. Xa en Galicia exerce a súa actividade pedagóxica en Manicómicos, na Aula de Teatro da Universidade da Coruña, na Escola Municipal de Teatro de Narón e na Escola Santart. Gonçalo Guerreiro é actor e co-director do Elefante Elegante (http://www.elefanteelegante.net/).

28.7.10

ASÍ SE BAILA O TANGO



Podedes leer a reportaxe Así se baila el tango en Madrid de Fernanda Muslera na revista digital fronterad. A foto é de Horacio Villalobos.

16.7.10

SUSANNE LINKE


Na liña expresionista de Mary Wigman e Dore Hoyer, Susanne Linke entende a creación só dende o tremor e constrúe unha danza que implica a máxima autoesixencia técnica e emocional. A súa é unha danza do risco, cun toque de perigro, de morte, xa que "sen morte non pode haber felicidade". Podedes ver neste link un anaco da súa peza Transfiguración (1976).

3.7.10

MAGGIE TAYLOR




Sorrounded (Cercada) é un traballo da fotógrafa e artista dixial Maggie Taylor: Unha bailarina de ballet rodeada de ratóns bailaríns e espectadores dun solo nunha onírica campiña.

As súas imaxes de perturbadoras personaxes conteñen contos que dirixe ás capas perdidas do noso inconsciente, sempre tan profundamente durmido.

27.6.10

DANCERS IN PARADISE

Dancers in Paradise é un retablo pagán no que o fotógrafo Jan Saudek recórdanos a O Bosco, cinguindo o pracer e a morte nos corpos do Paraíso perdido.

7.6.10

CURSO DE VERÁN: CREACIÓN E INTERPRETACIÓN COREOGRÁFICA

Este curso de verán orientado a estudantes e profesionais das artes do movemento xirará arredor das seguintes pautas:
- Percorrido e historia do movemento como resorte da escena.
- O núcleo onde atopamos as sementes da imaxinación creadora. O camiño cara as seguintes capas.
- A evolución do movemento cara a súa interpretación. A construcción de texturas cara o movemento dramático.
- A investigación coreográfica a partires da creación colectiva. A improvisación e as pautas coreográficas.
Imparte: Kirenia Martínez, bailarina e coreógrafa formada na Escola Superior de Arte de La Habana, é cofundadora da Cía. Entremáns e ven de dirixir Kyra do CCG. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido.
do 5 ó 9 de xullo de 11:30 á 14:00
6 prazas por orde de inscripción no 659.888.709
Matrícula 90 euros

5.6.10

LOUISE LECAVALIER


Dela díxose que era a bailarina máis brillante e tráxica da danza contemporánea. Louise Lecavalier traballou durante case dúas décadas con Eduard Lock no revolucionario proxecto La la la Human Steps que cambiou para sempre o vocabulario do movemento da danza de fin de século. Hoxe colabora con múltiples coreógrafos e -con eles- mudou o seu inesquecible movemento dramático.
Quizais a mellor intérprete dos anos oitenta: unha máquina pasional... Recordemos o seu traballo en de Human Sex coreografiada por Lock no 1985.

23.5.10

EL MAR DE ÁNGELS MARGARIT

Esta peza do ano 1989 segue a ser unha referencia na videodanza española. Ángels Margarit e o músico Agustí Fernandez construiron El mar: 3 minutos nos que atopamos a sólida base da linguaxe libre, intensa e vital dunha das coreógrafas esenciais. Sen ela sería imposible entender os inicios da danza contemporánea en España.
Nos 25 anos que leva traballando coa súa compañía Mudances desenvolveu unha intensa relación con outras artes colaborando, entre outras con videoartístas como Nuria Font.

6.5.10

TALLER DE MOVEMENTO E GESTALT

Dende as múltiples posibilidades do movemento e a partires de pautas concretas, exploraremos diferentes áreas como: o corpo interior, o corpo exterior, accións cotiáns, partes do corpo, contacto e soedade ...
Descubriremos automatismos, rixideces e desbloquearemos partes corporais fixadas ou esquecidas. Atoparemos novas formas de relacionarnos con nós mesmos e cos demáis experimentando e disfrutando co corpo en movemento.
Gelu Ramos Vázquez é Licenciada en Socioloxía na especialidade de Psicoloxía Social. Psicoterapeuta Guestáltica con formación en danza contemporánea e en técnicas de traballo corporal. Dedícase a psicoterapia individual e ó traballo grupal arredor do movemento, a creatividade e o crecemento persoal.

O taller consiste en 2 sesións de 4 horas cada unha o 29 de maio e o 19 de xuño de 10:00 á 14:00h.
Máis info no: 677.472.446 ou no gelu.ramos.vazquez@gmail.com

2.5.10

MICHÉLE NOIRET


Michéle Noiret é unha coreógrafa belga posuidora dunha destilada escritura poética. Atopamos un alto contido simbólico nas súas pezas que a ela lle gusta definir como danza-cine. Interesada pola construcción profunda do ser a través do movemento e a imaxe, guiase polo incansable descubrimento de abstractos e intensos mundos interiores. Neste link podemos ver unha ampla mostra da súa creación coreográfica.

1.5.10

DANESGA DENUNCIA O ABANDONO DO SECTOR POR PARTE DO AGADIC

O 29 de abril DANESGA (Asociación Danza Escénica Galega) denunciou a situación do sector da danza en Galicia que dende fai un ano carece dun plan de viabilidade. A situación de incompresión e falla de interese por parte da Consellería de Cultura e do AGADIC é o motivo polo que numerosos profesionais pediron - cos pes enterrados - a dimisión do seu máximo responsable e unha entrevista urxente co conselleiro de Cultura. O obxectivo é buscar unha saída á grave situación dos profesionais das artes do movemento na nosa comunidade.

Podedes leer e firmar o manifesto neste link: http://www.danesga.org/

6.4.10

CLASES CON KIRENIA MARTÍNEZ



Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra do traballo regular que imparte Kirenia Martínez no Laboratorio de Movementos todos os martes e mércores de 11:30 á 13:30.

4.4.10

DUNAS

Sidi Larbi Cherkaoui e María Pagés buscan nunha viaxe ó deserto as fontes do movemento.

Un encontro auténtico no que nos amosan -neste vídeo- a natureza cambiante das dunas e a transformación constante do trazo que é a esencia deste traballo de dous virtuosos da danza contemporánea e do flamenco.

26.3.10

CLAUDIA FACI

Claudia Faci indaga nos textos de Chantall Maillard expoñendo un espido e fraxil exercicio de supervivencia . A propia autora e algúns amigos presentan a proposta Agnés neste vídeo . Poderemos vela o xoves 29 de abril no Pazo de Cultura de Narón. Tamén impartirá un monográfico (26-30 de abril) titulado A lei do desexo organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón. Para máis info contactar con crismongar@yahoo.es

17.3.10

GAME OVER VÍDEO


Un intre de GAME OVER que podedes ver íntegramente neste vídeo. A peza de Branca Novoneyra está dirixida e coreografiada por Kirenia Martínez, a música orixinal é do colectivo Sulxeitos e o vestiario da deseñadora Nieves Sierra.

GAME OVER é un percorrido polo poemario Dentro do Labirinto (Espiral Maior, 2009) que se presentou na Galería SCQ en Santiago de Compostela.

Neste vídeo veredes o poemario ou leeredes a peza de danza.

7.3.10

JAN SAUDEK

Ballerina é unha imaxe do inquietante fotógrafo checo Jan Saudek . Sempre obsesionado polo corpo e as súas mutacións, pola a beleza máis sádica e siniestra, por un erotismo cru e tamén pola perda dos seus coloreados soños infantís.

22.2.10

BEGOÑA BAH

Begoña Bah capturou este intre do solo GAME OVER da Cia. Branca Novoneyra durante a presentación do libro Dentro do Labirinto editado por Espiral Maior. A fotógrafa coruñesa, moi interesada no movemento e na danza, recolle o traballo de compañías como Entremáns ou festivais como o Empape. Podedes visitar esta e outras fotos no seu flickr.

15.2.10

SHANTALA SHIVALINGAPPA


Shantala Shivalingappa é unha bailarina de Madras que une o Kuchipudi co impacto que lle produciu a linguaxe coreográfica da alemana Pina Bausch. Neste intenso e elegante SOLO de imaxes trazadas cos brazos concentra toda a experiencia da súa colaboración en Nefés ou Bamboo Blues.

10.2.10

IOGA - ESTILO IYENGAR

En dúas sesións semanais aprenderemos posturas, exercicios de meditación e respiracións con efectos positivos no corpo, na mente e nas emocións.
Introduciremos temas de reflexión sobre a atención, o equilibrio, a dor, a extensión e a relaxación.
Revisaremos precisas indicacións chave dalgunhas posturas co obxectivo dunha práctica segura na túa casa.
Imparte: Mavi Oliva é Mestra de Ioga pola Fundación Herta Rogg. Estudou e Mexico e Filadelfia con mestres certificados no estilo INYENGAR Yoga dende o ano 2003. Na actualidade mantén a súa formación e práctica INYENGAR en Galicia.

Tódolos Martes e Xoves de 19:00 á 20:15h
no Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15, baixo - Santiago de Compostela.
Máis info e inscripcións no 659.888.709

4.2.10

GAME OVER

GAME OVER é unha peza na que a bailarina Branca Novoneyra, autora do libro Dentro do Labirinto publicado en Espiral Maior, traza un percorrido seguindo a orde dos poemas que o lector atopa na obra. A coreógrafa Kirenia Martínez dirixiu esta viaxe na que a escritora entra dentro do seu labirinto transformado nun videoxogo. Nel a intertextualidade entre danza e poesía chegan ó límite buscando unha saída.

30.1.10

DANZA PARA AVANZADOS

A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases estables do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Formada na Escola Superior de Arte de La Habana. É cofundadora da Cía. Entremáns, ven de dirixir Kyra, o derradeiro traballo do CCG. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido.
O movemento como recurso dramático e a investigación sobre o contacto e a improvisación son dúas das liñas que vertebran este curso orientado a profesionais e estudiantes avanzados das artes do movemento.
Tódolos martes e mércores de 11:30 á 13:00.
6 prazas por orde de inscripción no 659.888.709
Mensualidade:80 euros

23.1.10

YVONNE RAINER

Yvonne Rainer, coreógrafa e cineasta americana, presentou en 1968 en Nova York a súa peza Trio A. A mente é un músculo. Con ela a danza transformouse nun modo de pensamento. Nisto Artaud tivera moito que ver definindo a palabra como o músculo da lingua, a respiración e o movemento das mandíbulas. Case vinte anos despois, Olga Mesa presenta EstO NO eS Mi CuerpO, unha peza que xurdiu dunha teima evidenciada pola creadora: “Descoñezo o que pensa o corpo e o que sinte o pensamento”.

11.1.10

NOVAS TÉCNICAS DE DANZA

Despois da gran aportación de coreógrafos fundamentais como Martha Graham, Doris Humprey, José Limón e Merce Cunningham -todos eles constructores de diversas técnicas para interpretar as súas coreografías- os novos coreógrafos seguiron investigando e atoparon outras posibilidades cinguidas a novas formas de expresión a través do movemento. Xurdiron entón o contact improvisacion, o release, o body mind centering e o flying low.

Estes novos vocabularios posibilitaron unha gran diversidade dancística, ampliaron as fronteiras canonizadas polas fortes aportacións da primeira e segunda xeración e posibilitaron unha nova liberdade expresiva a través do movemento para contar a realidade de fin de século.

9.1.10

DANZA ORIENTAL EN XANEIRO


Novos horarios nas clases de danza oriental
Luns de 17:00 á 18:30 h con Mariana Vieira Basso
Mércores de 21:15 á 22:30 h con Fran Rivero
no Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15, baixo en Santiago