-INICIACIÓN
Todos os martes e xoves de 20:30 á 22:00 comezaremos cun quecemento que asegure o corpo para contactar co movemento. Os obxectivos deste curso regular serán flexibilizar, fortalecer e conseguir un corpo resistente para experimentar coa improvisación e coa creación coreográfica.
Imparte: Branca Novoneyra é bailarina. DEA pola Universidade de Belas Artes de Granada. Escribe para diferentes revistas especializadas sobre historia e poética da danza. Dende o 2002 colabora con poetas, músicos e vídeoartistas en proxectos interdisciplinares. No 2009 publica Dentro do Labirinto (Espiral Maior) que percorre na súa última peza Game Over.
-AVANZADO
A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases recoñecibles do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Todos os martes e xoves de 11:30 á 13:30 contactaremos co movemento como recurso dramático e investigaremos tamén sobre a improvisación e o contacto. Este curso oriéntase a profesionais e estudantes da danza, do teatro e do circo.
Imparte: Kirenia Martínez é bailarina e actriz. Formouse na Escola Nacional de Arte de La Habana. Participou en numerosos proxectos e festivais internacionais. Integrante da Cía. Entremáns, foi bailarina de Danza Teatro Retazos (Cuba) e do Centro Coreográfico Galego para o que dirixiu Kyra, un proceso de investigación coreográfica que pechou a tempada 2009.
Comezamos o martes 5 de outubro.
Mensualidades: 65 euros iniciación /80 euros avanzado.
Grupos reducidos.
Matrículas no 659.888.709
No hay comentarios:
Publicar un comentario