12.4.11

AMPLIAMOS AS SESIÓNS CON MÓNICA GARCÍA


Na segunda quincena de abril a bailarina Mónica García seguirá no Laboratorio cos ensaios de La velocidad de las cosas, proxecto de investigación coreográfica apoiado Centro Coreográfico Galego, que estreará a principios de xuño na Sala Nasa.
Os días 19 de 10.00 á 12.00 e o 27 e o 29 de abril de 10.00 á 11.00 abrirá as sesións de adestramento arredor dun traballo físico co que atopar material de movemento propio.

“Neste intre o que mostro como bailarina é consecuencia da miña experiencia na práctica escénica. Para min isto significa que efecto e exercicio son o mesmo…Parto de algo obvio: calquera acción que se repite, que responde a unha partitura escrita de principio a fin - sexa unha acción cotián ou escénica - é posible de mudar, de abrir ó presente no que sucede.”

Mónica García é titulada en Coreografía e técnicas de interpretación da Danza polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid , ademais de Especialista en “Cambios na Cultura e na Sociedade, novas tecnoloxías, novas industrias e novos usos” pola UOC-LABoral. Bailou con Catherine Diverrés para o CCNRB en Francia, no Staatstheather de Damstadt en Alemaña, nas compañías 10&10 e Provisional Danza entre outras. Foi asistente coreográfica en "Das haus of Bernarda Alba" dirixida por Mei Hong Lin para o Staatstheather de Darmstadt e foi profesora de danza para dita compañía.Podedes ver unha mostra do seu traballo neste vídeo.

Prezo das 4 sesións: 40 euros / 5 prazas / Info e inscripcións no 659.888.709

4.4.11

HORARIOS ABRIL

foto de Esther Taboada

Danza clásica
: Luns, martes e xoves de 15.15 á 17.00 con Berta Secall.
Tango: Luns de 20.30 á 22.00 con Marco González.
Danza contemporánea: Martes e xoves de 20.30 á 22.00 con Branca Novoneyra
Ioga: Mércores de 21.00 á 22.30 con Sagra Quintela
Danza oriental: Xoves e venres de 18.30 á 20.00 con Mariana Vieira

+ info sobre os nosos cursos regulares no laboratoriodemovementos@yahoo.es ou no 659.888.709

31.3.11

SESIÓNS EN ABRIL CON MÓNICA GARCÍA


Na primeira quincena de abril a bailarina Mónica García ensaiará no noso espazo La velocidad de las cosas, unha produción apoiada polo Centro Coreográfico Galego, que estreará o vindeiro xuño na Sala Nasa.
Os días 4, 6, 8 e 15 de abril abrirá de 10.00 á 11:00 o seu adestramento sobre un traballo físico co que entrar ó material propio seguindo certas pautas.

Mónica García é titulada en Coreografía e técnicas de interpretación da Danza polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid , ademais de Especialista en “Cambios na Cultura e na Sociedade, novas tecnoloxías, novas industrias e novos usos” pola UOC-LABoral. Podedes ver unha mostra do seu traballo neste vídeo.

Prezo das sesións: 40 euros / 5 prazas/ Info e inscripcións no 659.888.709

22.3.11

DANZA CLÁSICA - INICIACIÓN ADULTOS


Luns e Mércores de 17.15 á 18.30 para maiores de 16 anos iniciados na danza clásica.

Berta Secall é Licenciada polo Conservatorio Superior de Danza “María Ávila” de Madrid na especialidade de Pedagoxía da Danza Clásica. Iniciou os seus estudos de danza clásica en el Institut del Teatre de Barcelona e no 1998 gañou unha bolsa para perfeccionarse no Centro Internacional de Danza de Madrid coa mestra Carmen Roche. Formouse tamén con Mirta Pla, Karemia Moreno, Rodolfo Castellanos, Orlando Salgado, Lázaro Carreño, Aurora Bosch, Jorge Christoff, Azari Plisetsky, María Blanco, Guillermina Coll, Gonzalo Zaragoza.
Foi parte do elenco de la compañía del Ballet Carmen Roche e traballou con coreógrafos como Ramón Oller, Tony Fabre, Alessandra Panzavolta, Ángel Rodríguez, Pascal Touzeau, Gustavo Ramírez e Goyo
Montero.

Comenzamos o luns 4 de abril
Grupos reducidos
Mesualidade: 60 euros
Matrícula no 659.888.709

16.2.11

PINA DE WENDERS


Win Wenders presentou en Berlin o seu documental Pina sobre a figura da coreógrafa recentemente falecida. Unha obra na que os seus bailaríns dan voz a inmensa creadora da danza teatro. Tiveron que pasar 25 anos dende que Wenders e Bausch se coñeceron para que a tecnoloxía 3D posibilite a permanencia das obras coreográficas nunha dimensión nova que capta o espazo en profundidade algo esencial para poder ver a danza.

30.1.11

NUMERIDANSE.TV

Numeridanse.tv é un proxecto asociado á videoteca da Maison de la Danse (Lyon) que ten como obxectivo desenvolver a cultura coreográfica en diferentes áreas (difusión, apoio á creación e pedagoxía) e para diferentes audiencias (público en xeral, profesionais e comunidade educativa). Dende o seu site acedemos a unha oferta libre de pezas coreográficas, filmes de danza (documentales, ficción...), entrevistas con importantes coreógrafos e propostas didácticas con recoñecidos profesores. Na primeira entrega: Mathilde Monnier, Viola Faber, Alwin Nikolaïs, Françoise Dupuy e moitos máis. Na imaxe un intre de Soapéra, unha colaboración entre o pintor Dominique Figarella e a coreógrafa Mathilde Monnier.

7.1.11

HORARIOS DENDE XANEIRO

Luns:danza clásica de 15:00-17:00, flamenco de 18:30-20:00 e tango de 20:30-22:00
Martes: danza contemporánea de 20:30-22:00
Mércores: ioga de 21:00-22:00
Xoves: danza clásica de 15:00-17:00 e danza contemporánea de 20:30-22:00
Venres: danza oriental de 18:30-20:00