A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases recoñecibles do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Dende o Laboratorio de Movementos programamos dúas sesións semanais nas que contactaremos co movemento como recurso dramático e investigaremos tamén sobre a improvisación e o contacto. Este curso oriéntase a profesionais e estudantes da danza, do teatro e do circo.
Kirenia Martinez é coreógrafa, bailarina e actriz. Formouse na Escola Superior de Arte de La Habana e participou e numerosos proxectos e festivais de carácter internacional. Integrante da Cía. Entremáns, foi tamén bailarina do Centro Coreográfico Galego para Vacuo e o Kiosco das Almas Perdidas. Ven de dirixir Kyra, o proceso de investigación coreográfica que pechou a última tempada do Centro. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido
Tódolos martes e mércores de 11:30 á 13:30
Inicio do curso o 3 de novembro
6 prazas por orde de inscripción no 659.888.709
Mensualidade: 80 euros
Mensualidade: 80 euros
No hay comentarios:
Publicar un comentario