Comezaremos cunha posta a punto da nosa principal ferramenta de traballo: o noso corpo.Traballaremos a respiración e os estiramentos. Logo asimilaremos pautas de movemento, pasos e ritmos, trasladándoas á coreografías e mellorando a nosa capacidade de improvisación. Tamén aprenderemos a relaxarnos.
Fran Rivero é actor e bailarín. Formouse en interpretación e dramaturxia en Espacio Aberto (Santiago de Compostela) e na Casa Encendida e na Casa de América (Madrid). Estudou danza contemporánea e expresión corporal con Julie Dossavi, Dominik Boruki, Carlos Fernandez, Xavier Marqueríe, Olga Mesa e Carlos Neira; butho con Katsura Kan e Wendell Wells en Madrid e danza do ventre con Nidal Josaini.
Tódolos mércores de 21:15 á 22:30h.
Inicio das clases o mércores 2 de decembro
Máis info: 659.888.709
No hay comentarios:
Publicar un comentario