29.10.09
MANIFESTO POLA CONTINUIDADE DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO
Asina aquí pola continuidade do Centro Coreográfico Galego
8.10.09
DANZA CONTEMPORÁNEA PARA AVANZADOS
A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases recoñecibles do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Dende o Laboratorio de Movementos programamos dúas sesións semanais nas que contactaremos co movemento como recurso dramático e investigaremos tamén sobre a improvisación e o contacto. Este curso oriéntase a profesionais e estudantes da danza, do teatro e do circo.Kirenia Martinez é coreógrafa, bailarina e actriz. Formouse na Escola Superior de Arte de La Habana e participou e numerosos proxectos e festivais de carácter internacional. Integrante da Cía. Entremáns, foi tamén bailarina do Centro Coreográfico Galego para Vacuo e o Kiosco das Almas Perdidas. Ven de dirixir Kyra, o proceso de investigación coreográfica que pechou a última tempada do Centro. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido
Tódolos martes e mércores de 11:30 á 13:30
Inicio do curso o 3 de novembro
6 prazas por orde de inscripción no 659.888.709
Mensualidade: 80 euros
Mensualidade: 80 euros
20.9.09
CLASES ABERTAS E GRATUÍTAS / SEMANA ABERTA

Do 1 ó 6 de outubro poderás coñecer de maneira práctica e gratuíta as actividades do curso 2009-2010. É un primeiro contacto cos traballos que programamos no Laboratorio de Movementos para que elixas o que máis che interesa.
DANZA CONTEMPORÁNEA: Xoves 1 ás 20:30
TANGO: Luns 5 ás 20:30
IOGA: Luns 5 ás 19:00
DANZA PARA NENOS/AS: Martes 6 ás 18:30
TAICHI: Martes 6 ás 17:00
Para reservar praza nas clases abertas tes que chamar ó 659.888.709 ou enviarnos un correo electrónico ó laboratoriodemovementos@yahoo.es
Tódolas sesións impartiránse no Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15 baixo en Santiago de Compostela.
18.9.09
TAICHI - CURSO REGULAR
O QiGong, que significa traballo coa enerxía, é a base onde atopamos ó TaiChi. Neste curso prepararémonos con exercicios de QiGong para comprender como funciona o TaiChi; beneficiándonos deste “baile a cámara lenta”. Tódolos xoves de 17:00 á 18:30 practicaremos o TaiChi (estilo Yang) mellorando a nosa saúde e combatendo o stress. Estas sesións orientámolas a practicantes de disciplinas corporais que queren conseguir un dominio da forma para logo poder practicala autónomamente.Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes e acadou o seu certificado profesional na Federación Alemana de QiGong e TaiChi. Tamén formouse en técnicas de traballo físico para actores como o Suzuki e estudou Método Talmi. Atoparedes máis información sobre o seu traballo no: www.cositadeoro.com
Mesualidade: 30 euros
Espazo: Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15, baixo en Santiago de Compostela
CLASE ABERTA O XOVES 29 DE OUTUBRO ÁS 17:00
16.9.09
DANZA CONTEMPORÁNEA - NIVEL ABERTO

Tódolos martes e xoves de 20:30 á 22:00 comenzaremos cun quecemento básico que asegure o corpo para contactar con diferentes técnicas de danza. Os obxectivos deste curso regular serán flexibilizar, fortalecer e conseguir un corpo resistente para experimentar co traballo de improvisación e coa creación coreográfica.
Mesualidade: 65 euros
DANZA PARA NENOS/AS NA ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL "OS TILOS"
A danza como medio educativo é beneficioso para o corpo e a mente dos máis pequenos. Xogando entraremos en contacto coa base do ballet, a danza moderna e a expresión corporal. Descubriremos o movemento natural a través de exercicios baseados na natureza: elementos, animais, obxectos e ritmos; co obxectivo de espertala creatividade e a imaxinación dos alumnos/as.
Imparte: Branca Novoneyra é bailarina e coreógrafa.Diploma de Estudios Avanzados en Didáctica da Educación Artística pola Universidade de Granada. Dende o 2003 desenvolve a súa actividade docente e no 2006 funda o Laboratorio de Movementos un espazo de referencia en Santiago dedicado á pedagoxía da danza e doutras disciplinas corporais.
Idades: de 4 á 8 anos
Horarios: Tódolos xoves de 16:30 á 17:30 dende o 15 de outubro.
Esta actividade é unha colaboración coa Asociación Recreativa e Cultural "OS TILOS"
Imparte: Branca Novoneyra é bailarina e coreógrafa.Diploma de Estudios Avanzados en Didáctica da Educación Artística pola Universidade de Granada. Dende o 2003 desenvolve a súa actividade docente e no 2006 funda o Laboratorio de Movementos un espazo de referencia en Santiago dedicado á pedagoxía da danza e doutras disciplinas corporais.
15.9.09
TANGO ARGENTINO - CLASES REGULARES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


