
DANZA CONTEMPORÁNEA: Xoves 1 ás 20:30

O QiGong, que significa traballo coa enerxía, é a base onde atopamos ó TaiChi. Neste curso prepararémonos con exercicios de QiGong para comprender como funciona o TaiChi; beneficiándonos deste “baile a cámara lenta”. Tódolos xoves de 17:00 á 18:30 practicaremos o TaiChi (estilo Yang) mellorando a nosa saúde e combatendo o stress. Estas sesións orientámolas a practicantes de disciplinas corporais que queren conseguir un dominio da forma para logo poder practicala autónomamente.
Durante os días 9, 10 e 11 de outubro entraremos en contacto co adestramento xaponés que inventou Tadashi Suzuki nos anos oitenta. Caracterízase por un traballo corporal moi forte e dinámico que integra o corpo, a respiración, o texto e a imaxinación. Logra activar ó máximo a enerxía para logo conseguir unha profunda relaxación. Este curso oriéntase a estudantes e profesionais do teatro, a danza e outras artes do movemento.Espazo: Laboratorio de Movementos na Rúa do medio 15, baixo. Santiago de Compostela
Inscricións: 659.888.709

Do 28 de setembro ó 2 de outubro entre as 11:30 e ás 14:00, Kirenia Martínez traballará con propostas de quecemento, contacto e improvisación, incluídas diversas ferramentas para a creación dun solo, apoiándose no proceso que está a desenvolver para a Cía. Branca Novoneyra como directora e coreógrafa da súa próxima peza Game Over.
Kirenia Martinez é bailarina e actriz. Formouse na Escola Superior de Arte de La Habana e participou e numerosos proxectos e festivais de carácter internacional. Integrante da Cía. Entremáns, foi tamén bailarina do Centro Coreográfico Galego para Vacuo e o Kiosco das Almas Perdidas. Ven de dirixir Kyra, o proceso de investigación coreográfica que pechou a última tempada do Centro. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido
6 prazas
Matrícula: 70 euros
Inscricións: 659.888.709