23.5.10

EL MAR DE ÁNGELS MARGARIT

Esta peza do ano 1989 segue a ser unha referencia na videodanza española. Ángels Margarit e o músico Agustí Fernandez construiron El mar: 3 minutos nos que atopamos a sólida base da linguaxe libre, intensa e vital dunha das coreógrafas esenciais. Sen ela sería imposible entender os inicios da danza contemporánea en España.
Nos 25 anos que leva traballando coa súa compañía Mudances desenvolveu unha intensa relación con outras artes colaborando, entre outras con videoartístas como Nuria Font.

6.5.10

TALLER DE MOVEMENTO E GESTALT

Dende as múltiples posibilidades do movemento e a partires de pautas concretas, exploraremos diferentes áreas como: o corpo interior, o corpo exterior, accións cotiáns, partes do corpo, contacto e soedade ...
Descubriremos automatismos, rixideces e desbloquearemos partes corporais fixadas ou esquecidas. Atoparemos novas formas de relacionarnos con nós mesmos e cos demáis experimentando e disfrutando co corpo en movemento.
Gelu Ramos Vázquez é Licenciada en Socioloxía na especialidade de Psicoloxía Social. Psicoterapeuta Guestáltica con formación en danza contemporánea e en técnicas de traballo corporal. Dedícase a psicoterapia individual e ó traballo grupal arredor do movemento, a creatividade e o crecemento persoal.

O taller consiste en 2 sesións de 4 horas cada unha o 29 de maio e o 19 de xuño de 10:00 á 14:00h.
Máis info no: 677.472.446 ou no gelu.ramos.vazquez@gmail.com

2.5.10

MICHÉLE NOIRET


Michéle Noiret é unha coreógrafa belga posuidora dunha destilada escritura poética. Atopamos un alto contido simbólico nas súas pezas que a ela lle gusta definir como danza-cine. Interesada pola construcción profunda do ser a través do movemento e a imaxe, guiase polo incansable descubrimento de abstractos e intensos mundos interiores. Neste link podemos ver unha ampla mostra da súa creación coreográfica.

1.5.10

DANESGA DENUNCIA O ABANDONO DO SECTOR POR PARTE DO AGADIC

O 29 de abril DANESGA (Asociación Danza Escénica Galega) denunciou a situación do sector da danza en Galicia que dende fai un ano carece dun plan de viabilidade. A situación de incompresión e falla de interese por parte da Consellería de Cultura e do AGADIC é o motivo polo que numerosos profesionais pediron - cos pes enterrados - a dimisión do seu máximo responsable e unha entrevista urxente co conselleiro de Cultura. O obxectivo é buscar unha saída á grave situación dos profesionais das artes do movemento na nosa comunidade.

Podedes leer e firmar o manifesto neste link: http://www.danesga.org/