23.8.10

NOVOS CURSOS

TANGO todos os luns de 20.30 á 22:00 dende o 13 de setembro con Marco González

DANZA CLÁSICA todos os luns e mércores de 16:30 á 18:00 (para estudantes e profesionais das artes do movemento) e de 18:45 á 20:15 (nivel baixo-medio) dende o 4 de outubro con Berta Secall

IOGA IYENGAR todos os martes e xoves de 19:00 á 20:00 con Mavi Oliva dende o 5 de outubro

DANZA CONTEMPORÁNEA todos os martes e xoves de 11:30 á 13:00 (para estudantes e profesionais das artes do movemento) con Kirenia Martínez e 20:30 á 22:00 (nivel iniciación) con Branca Novoneyra

IOGA todos os mércores de 21:00 á 22:30 con Sagra Quintela dende o 6 de outubro

DANZA ORIENTAL todos os martes de 17:00 á 18:30 (nivel intermedio) e os venres de 18:30 á 20:00 (nivel iniciación) con Mariana Vieira Basso dende o 8 de outubro

INSCRIPCIÓNS ABERTAS NO TLF: 659.888.709

3.8.10

CURSO DE VERÁN: TEATRO DE MOVEMENTO CON GONÇALO GUERREIRO


O primeiro nivel do traballo de expresión é levar o corpo a integrarse no espazo e a reencontrar a súa plasticidade. Trátase dun recoñecemento do corpo con el mesmo no seu dinamismo e na súa riqueza de movementos.
O segundo nivel refírese á identificación. O corpo humano é capaz de imitar absolutamente todo o que existe na natureza. Por “imitar” enténdase “transformarse en”, “ser”. De tal forma que o espectador, a través da suxestión do actor, non vexa o seu corpo, senón a auga, o vento, un bosque ou unha montaña. O corpo humano en movemento é mesmo capaz de chegar a suxerir un son, unha cor ou unha materia.
O terceiro nivel dedícase á transformación. Quere dicir que as calidades dinámicas da auga, do vento, dunha cor ou dunha materia son transformables nun personaxe humano con esas mesmas características. Como camiña un personaxe “terra”? Como fala un personaxe “lume”? Como xesticula un personaxe “chicle”?

Este curso intensivo impartirase entre o 6 ó 9 de setembro de 19:00 á 21:30h no Laboratorio de Movementos. A matrícula formalizarase chamando ó 659.888.709 e ingresando 70 euros por conta bancaria. O número máximo de alumnos será 8.


Gonçalo Guerreiro (Lisboa, 1974). Rematou a formación de actores na Escola Superior de Teatro e Cinema de Lisboa despois de pasar pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid como bolseiro. Traballou como actor nas compañías portuguesas A Barraca e Teatro do Montemuro. Dirixiu espectáculos do Teatro Escondido, da Compagnie Imagerie e da Compagnie Blablablah na Bélxica. É diplomado pola École Lassaad, en Bruxelas onde herdou a pedagoxía de Jacques Lecoq do Teatro de Movemento. Estudou Commedia dell’Arte con Antonio Fava en Italia e Antropoloxía Teatral con Eugenio Barba na Polonia, Dinamarca e Portugal. Xa en Galicia exerce a súa actividade pedagóxica en Manicómicos, na Aula de Teatro da Universidade da Coruña, na Escola Municipal de Teatro de Narón e na Escola Santart. Gonçalo Guerreiro é actor e co-director do Elefante Elegante (http://www.elefanteelegante.net/).