23.7.11

HIROAKI UMEDA


No 2000 Hiroaki Umeda funda en Tokio a súa compañía S20 e inmediatamente xira polos festivais máis recoñecidos de Europa. Traballa a danza dentro da arte visual. El mesmo coreografía, baila e crea impresionantes deseños de luz e son para os seus solos que dende o minimalismo e a radicalidade combinan o sutil e o violento co obxetivo de crear impactantes experiencias no espectador. Déixovos un extracto do seu derradeiro traballo Holistic Strata.Alineación a la izquierda

8.7.11

BABEL


Sidi Larbi, Damien Jalet e o escultor Antony Gormley firman conxuntamente Babel, un traballo hipnótico, simbólico, humorístico e violento que crearon para 18 bailaríns e músicos de 13 países na busca dunha linguaxe híbrida e un nexo común entre eles.

A unión a través da dualidade e dos contrarios: linguaxe/corpo, conflito/armonía, identidade/territorio. A convivencia no espazo da comunidade múltiple , a conflitividade e o símbolo da torre como alegoría amósannos - segundo Larbi - que "a fronteira non é mais que unha ilusión, unha pura convención escénica".

2.7.11

EA SOLA

en Air lines

Ea Sola é unha coreógrafa vietnamita que presenta este ano na escena internacional Drought and Rain (Seca e Chuvia), Vol.2 , unha peza sobre a memoria da guerra con 11 mulleres que a viviron acompañadas de música tradicional e poesía recitada. A dor individual cinguidá á colectiva, os mortos, o custe da guerra na comunidade e no invividuo movilizan esta aclamada coreografía.
En 2001 creou para o Ballet da Ópera Nacional de Hanoi a primeira parte deste traballo e no ano 2008 coreografiou o solo Air lines (na imaxe) sobre a vida dos desprazados sen dereitos, sobre a pérdida da identidade asociada ó drama da emigración.

Ea Sola emigrou a Francia e chegou a danza por azar. Nos anos oitenta comezou a actuar cuns happeninngs sobre a memoria do corpo. Posteriormente creou pezas propias e colaborou con Min Tanaka e Roland Topor. Despois de 15 anos regresou á Vietnan e durante 5 investigou a danza tradicional do seu país. A través desta experiencia conectou coa memoria directa da guerra que é o tema recurrente e central na súa danza dende hai máis de unha década.

Despois do total recoñecemento no Festival de Nápoles, Drought and Rain Vol.2 viaxará os días 1, 2 e 3 de setembro ó Festival Internacional de Edimburgo.