30.11.11

TRES COREÓGRAFAS


Tres discursos coreográficos esenciais para descubrir a escena contemporánea europea: a danza-teatro de Pina Bausch (1940-2009), a poética visual de Carolyn Carlson (1943) e o minimalismo matemático de Anne Theresa de Keersmaeker (1960).
A producción destas tres mulleres marcou a danza de fin de século. Elas son imprescindibles para entender o actual panorama das artes do movemento.

13.11.11

OLGA MESA
















El lamento de Blancanieves é a derradeira peza-película de Olga Mesa. Esta coreógrafa asturiana investiga o universo do corpo-palabra-imaxe dunha forma inconfundible onde a discontinuidade temporal, o pensamento do corpo, as referencias literarias e cinéfilas, a documentación do proceso en directo, os espazos abandonados e a palabra concentrada son diferenciais continuos do seu traballo.

Este derradeiro verán presentou o primeiro capítulo no festival Citemor (Coimbra, Portugal). Arredor desta residencia recollemos tres vídeos documentais onde a propia Olga Mesa explica a súa proposta, vemos unhas imaxes dos ensaios e por último atopamos as imaxes da representación de El lamento de Blancanienes que ten como obxetivo espertar unha alerta máxima na mirada do espectador.

12.11.11

POLINA






*
A formación dunha bailarina clásica recollida nesta BD de Bastien Vivès (Diablo Ediciones, 2011). O sacrificio continuo, a dor, a repetición do movemento, a súa enerxía, a estética aérea e controlada do ballet, as novas ideas contemporáneas, a viaxe cara o descoñecido, a importancia dos mestres e a superación do que nos transmiten. Todo isto e moito máis nesta historia para todos os públicos, cun interese moi especial para os afeccionados á danza.