Solo (1997) é unha emblemática peza do xenial coreógrafo americano William Forsythe, renovador radical do vocabulario clásico contemporáneo. Cunha ampla traxectoria de colaboración cos ballets máis grandes do mundo; o seu estudio do espazo actualizando as teses de Laban, as atmosferas eléctricas e sombrizas e os movementos fragmentarios dun velocísimo virtuosismo percorren a investigación e a creación coreográfica que desenvolve agora coa súa compañía e que cambiou a forma de ver e facer clásico no final de século.
29.1.12
22.1.12
AREIA
Areia é o novo espectáculo que a compañía portuguesa Circolando estreou este xaneiro no Teatro Virginia (Torres Novas). Neste vídeo atopamos as imaxes dun work in progress inserido nun deserto interior e aberto á reflexión sobre os diversos estadios do tempo, a desertificación e a morte.
Neste intres Circolando está a crear Arraial, un ambicioso proxecto de traballo coa comunidade arredor das festas populares das rexións do Minho e do antigo Douro Litoral, apoiado nun excepcional proceso de recollida e documentación que podedes visitar na súa web.
14.1.12
O CISNE
Swan é unha experiencia ornitocoreográfica, un diálogo entre cisnes e bailaríns produto dun longo proceso de recoñecemento como podemos ver neste making of da compañía de Luc Petton.
¿Es raro que cisne quiera decir sonido?
En dioses y poder, y heridas he pensado.
Pero aquí en extraña paz éste ha callado.
Todo el día se matuvieron a raya los perros que ladraban.
Mejor que perros, un solo cisne,
alejará esas malignas fuerzas según dicen
y así guardar la calma, hacer de la laguna un lago-
suene por la arboleda silenciosa una crecida
quebrada resonante, despertando la mente sacudida.
*
O poema homónimo é de Robert Creeley
7.1.12
TALLER DE VOZ CON MÓNICA DE NUT
Taller
práctico para cantantes, actores e afeccionados sen coñecemento técnico previo.
Exercitaremos as técnicas que presentaremos na súa maioría en grupo:
vocalizacións, xogos vocais, cancións de varios estilos musicais a coro,
experimentación… gozando do noso propio son e sacándolle o máximo partido.
- Coñecer e desenvolver as
posibilidades vocais persoais.
- Evitar problemas
relacionados coa voz e o seu uso.
- Obter o mellor rendemento
vocal co menor esforzo.
- Coñecer e exercitar as
técnicas de relaxación e respiración adecuadas para a fonación con conciencia
corporal.
- Dotar de firmeza,
alcance, flexibilidade e naturalidade á voz .
- Análise das cualidades do
son vocal para conseguir a máxima gama de matices: volume, entoación, duración,
ritmo, velocidade… aproximando a voz falada ó canto e viceversa.
- Descubrir formas de
expresar coa voz a emoción e o propósito do discurso.
- Cantar cancións como
solista e a coro propostas no cursos e polo alumnado.
Todos
os mércores de 20.30 á 22h dende febreiro.
Prezo: 35€/mes.
O
mércores 25 de xaneiro celebraremos unha clase aberta a todos os interesados.
Máis
info no 659.888.709 e no laboratoriodemovementos@yahoo.es
Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… Ten
experiencia na interpretación teatral e na expresión corporal. Estudiou piano e
pedagoxía musical diplomándose na Universidade de Vigo. Formouse no canto
lírico licenciándose na Escola Superior de canto de Madrid na especialidade de
Teatro Lírico, no canto tradicional en varias agrupacións e no jazz na escola
Estudio de Compostela e no S.P.J. de Pontevedra.
Ademáis
de cantar en varias agrupacións como Isga Collective, o dúo Litanei,
pandeireteiras A Buxaina… lanzou un primeiro disco de Mónica de Nut trío, con
Paco Dicenta ó baixo e bases eléctrónicas e Virxilio da Silva á guitarra.
Participou
tamén en montaxes operísticas e de teatro musical; incluída a interpretación de
Jenny na Ópera dos tres reás de Bertolt Brecht e Kurt Weill dirixida por Quico
Cadaval e protagonizada por Luís Tosar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)