Despois de entrar na posmodernidade con Cunningham, atopamos tres discursos coreográficos esenciais para a escena contemporánea como a danza-teatro de Pina Bausch (1940-2009), a poética acuática de Carolyn Carlson (1943) e o minimalismo matemático de Anne Theresa de Keersmaeker (1960). A producción destas tres coreógrafas marcou a danza de fin de século e son imprescindibles para entender o panorama das artes do movemento na actualidade.
27.12.09
DANZA CONTEMPORÁNEA - MATERIAIS 2
Despois de entrar na posmodernidade con Cunningham, atopamos tres discursos coreográficos esenciais para a escena contemporánea como a danza-teatro de Pina Bausch (1940-2009), a poética acuática de Carolyn Carlson (1943) e o minimalismo matemático de Anne Theresa de Keersmaeker (1960). A producción destas tres coreógrafas marcou a danza de fin de século e son imprescindibles para entender o panorama das artes do movemento na actualidade.
15.12.09
20.11.09
SUZUKI - CURSO INTENSIVO
Programamos para os días 4, 5 e 6 de decembro o segundo curso de Suzuki en Galicia. Este adestramento xaponés é un traballo corporal moi forte e dinámico, implica conxuntamente o corpo, a respiración, o texto e a imaxinación.En cada sesión lograremos activar ó máximo de enerxía para logo conseguir una profunda relaxación. Este curso oriéntase a estudiantes e profesionais da escena.
O día 6 de decembro ás 19:00 programamos una sesión aberta para que todos os interesados coñezades este novo traballo corporal para estudiantes e profesionais das artes do movemento.
Imparte: Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes en Alemaña. Logo formouse en técnicas de traballo físico para actores como o QiGong, TaiChi, Suzuki e Método Talmi que imparte dende o ano 2005. www.cositadeoro.com
Venres 4: 17:00 á 20:00 e
Sábado 5 e 6 domingo: 11:00 á 14:00 e de 17.00 á 20.00
Matrícula: 80 euros
Espacio: Laboratorio de Movementos en Santiago de Compostela
Inscricións no laboratoriodemovementos@yahoo.es e no 659.888.709
17.11.09
DANZA DO VENTRE - NIVEL ABERTO
Comezaremos cunha posta a punto da nosa principal ferramenta de traballo: o noso corpo.Traballaremos a respiración e os estiramentos. Logo asimilaremos pautas de movemento, pasos e ritmos, trasladándoas á coreografías e mellorando a nosa capacidade de improvisación. Tamén aprenderemos a relaxarnos.Fran Rivero é actor e bailarín. Formouse en interpretación e dramaturxia en Espacio Aberto (Santiago de Compostela) e na Casa Encendida e na Casa de América (Madrid). Estudou danza contemporánea e expresión corporal con Julie Dossavi, Dominik Boruki, Carlos Fernandez, Xavier Marqueríe, Olga Mesa e Carlos Neira; butho con Katsura Kan e Wendell Wells en Madrid e danza do ventre con Nidal Josaini.
Tódolos mércores de 21:15 á 22:30h.
Inicio das clases o mércores 2 de decembro
Máis info: 659.888.709
9.11.09
A DANZA CONTEMPORÁNEA - MATERIAIS TEÓRICOS 1
Como apoio teórico ás clases de danza podedes consultar este link que recolle información básica e sintetizada sobre a danza contemporánea. Tamén relacionar esta información cos seguintes vídeos de cinco coreógrafos/as indiscutibles (primeira e segunda xeración) como son Mary Wigman, Martha Graham, Doris Humprey, Merce Cunningham e José Limón.
29.10.09
8.10.09
DANZA CONTEMPORÁNEA PARA AVANZADOS
A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases recoñecibles do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Dende o Laboratorio de Movementos programamos dúas sesións semanais nas que contactaremos co movemento como recurso dramático e investigaremos tamén sobre a improvisación e o contacto. Este curso oriéntase a profesionais e estudantes da danza, do teatro e do circo.Kirenia Martinez é coreógrafa, bailarina e actriz. Formouse na Escola Superior de Arte de La Habana e participou e numerosos proxectos e festivais de carácter internacional. Integrante da Cía. Entremáns, foi tamén bailarina do Centro Coreográfico Galego para Vacuo e o Kiosco das Almas Perdidas. Ven de dirixir Kyra, o proceso de investigación coreográfica que pechou a última tempada do Centro. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido
Tódolos martes e mércores de 11:30 á 13:30
Inicio do curso o 3 de novembro
6 prazas por orde de inscripción no 659.888.709
Mensualidade: 80 euros
Mensualidade: 80 euros
20.9.09
CLASES ABERTAS E GRATUÍTAS / SEMANA ABERTA

DANZA CONTEMPORÁNEA: Xoves 1 ás 20:30
18.9.09
TAICHI - CURSO REGULAR
O QiGong, que significa traballo coa enerxía, é a base onde atopamos ó TaiChi. Neste curso prepararémonos con exercicios de QiGong para comprender como funciona o TaiChi; beneficiándonos deste “baile a cámara lenta”. Tódolos xoves de 17:00 á 18:30 practicaremos o TaiChi (estilo Yang) mellorando a nosa saúde e combatendo o stress. Estas sesións orientámolas a practicantes de disciplinas corporais que queren conseguir un dominio da forma para logo poder practicala autónomamente.Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes e acadou o seu certificado profesional na Federación Alemana de QiGong e TaiChi. Tamén formouse en técnicas de traballo físico para actores como o Suzuki e estudou Método Talmi. Atoparedes máis información sobre o seu traballo no: www.cositadeoro.com
Mesualidade: 30 euros
Espazo: Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15, baixo en Santiago de Compostela
CLASE ABERTA O XOVES 29 DE OUTUBRO ÁS 17:00
16.9.09
DANZA CONTEMPORÁNEA - NIVEL ABERTO

Mesualidade: 65 euros
DANZA PARA NENOS/AS NA ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL "OS TILOS"
Imparte: Branca Novoneyra é bailarina e coreógrafa.Diploma de Estudios Avanzados en Didáctica da Educación Artística pola Universidade de Granada. Dende o 2003 desenvolve a súa actividade docente e no 2006 funda o Laboratorio de Movementos un espazo de referencia en Santiago dedicado á pedagoxía da danza e doutras disciplinas corporais.
15.9.09
TANGO ARGENTINO - CLASES REGULARES
14.9.09
SUZUKI - CURSO INTENSIVO
Durante os días 9, 10 e 11 de outubro entraremos en contacto co adestramento xaponés que inventou Tadashi Suzuki nos anos oitenta. Caracterízase por un traballo corporal moi forte e dinámico que integra o corpo, a respiración, o texto e a imaxinación. Logra activar ó máximo a enerxía para logo conseguir unha profunda relaxación. Este curso oriéntase a estudantes e profesionais do teatro, a danza e outras artes do movemento.Imparte: Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes en Alemaña. Tamén formouse noutras técnicas como o QiGong, o TaiChi o Suzuki e o Método Talmi.
Horarios: Venres de 17:00 á 20:00 e
Sábado e domingo de 11:00 á 14:00 e de 17:00 á 20:00
Matrícula: 80 euros
Espazo: Laboratorio de Movementos na Rúa do medio 15, baixo. Santiago de Compostela
Inscricións: 659.888.709
CURSO INTENSIVO DE DANZA CONTEMPORÁNEA

Do 28 de setembro ó 2 de outubro entre as 11:30 e ás 14:00, Kirenia Martínez traballará con propostas de quecemento, contacto e improvisación, incluídas diversas ferramentas para a creación dun solo, apoiándose no proceso que está a desenvolver para a Cía. Branca Novoneyra como directora e coreógrafa da súa próxima peza Game Over.
Kirenia Martinez é bailarina e actriz. Formouse na Escola Superior de Arte de La Habana e participou e numerosos proxectos e festivais de carácter internacional. Integrante da Cía. Entremáns, foi tamén bailarina do Centro Coreográfico Galego para Vacuo e o Kiosco das Almas Perdidas. Ven de dirixir Kyra, o proceso de investigación coreográfica que pechou a última tempada do Centro. Podedes vela na súa peza A medio metro de lo vivido
6 prazas
Matrícula: 70 euros
Inscricións: 659.888.709



