20.11.09

SUZUKI - CURSO INTENSIVO

Programamos para os días 4, 5 e 6 de decembro o segundo curso de Suzuki en Galicia. Este adestramento xaponés é un traballo corporal moi forte e dinámico, implica conxuntamente o corpo, a respiración, o texto e a imaxinación.
En cada sesión lograremos activar ó máximo de enerxía para logo conseguir una profunda relaxación. Este curso oriéntase a estudiantes e profesionais da escena.
O día 6 de decembro ás 19:00 programamos una sesión aberta para que todos os interesados coñezades este novo traballo corporal para estudiantes e profesionais das artes do movemento.

Imparte: Petra Hofmann licenciouse en teatro na Escola Superior de Arte Dramático de Munich. Traballou en teatros estatais e independentes en Alemaña. Logo formouse en técnicas de traballo físico para actores como o QiGong, TaiChi, Suzuki e Método Talmi que imparte dende o ano 2005. www.cositadeoro.com


Venres 4: 17:00 á 20:00 e
Sábado 5 e 6 domingo: 11:00 á 14:00 e de 17.00 á 20.00

Matrícula: 80 euros
Espacio: Laboratorio de Movementos en Santiago de Compostela
Inscricións no laboratoriodemovementos@yahoo.es e no 659.888.709

No hay comentarios: