
Yvonne Rainer, coreógrafa e cineasta americana, presentou en 1968 en Nova York a súa peza
Trio A. A mente é un músculo. Con ela a danza transformouse nun modo de pensamento. Nisto Artaud tivera moito que ver definindo a palabra como o músculo da lingua, a respiración e o movemento das mandíbulas. Case vinte anos despois,
Olga Mesa presenta
EstO NO eS Mi CuerpO, unha peza que xurdiu dunha teima evidenciada pola creadora: “
Descoñezo o que pensa o corpo e o que sinte o pensamento”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario