18.11.10

MATERIAIS PARA AS CLASES DE INICIACIÓN Á DANZA CONTEMPORÁNEA


Como apoio teórico ás clases de iniciación á danza podedes consultar este link que recolle información básica e sintetizada sobre a danza contemporánea, e tamén relacionar esta información cos seguintes vídeos de cinco coreógrafos indiscutibles (primeira e segunda xeración) como son Mary Wigman, Martha Graham, Doris Humprey, Merce Cunningham e José Limón.

Despois de entrar na posmodernidade con Cunningham, atopamos tres discursos coreográficos esenciais para a escena contemporánea como a danza-teatro de Pina Bausch (1940-2009), a poética acuática de Carolyn Carlson (1943) e o minimalismo matemático de Anne Theresa de Keersmaeker (1960). A produción coreográfica destas tres coreógrafas marcou a danza de fin de século e son figuras imprescindibles para entender o panorama actual das artes do movemento.

Volvendo á gran aportación dos coreógrafos fundamentais como Martha Graham, Doris Humprey, José Limón e Merce Cunningham -todos eles constructores de diversas técnicas para interpretar as súas coreografías- os novos coreógrafos seguiron investigando e atoparon outras posibilidades cinguidas a novas formas de expresión a través do movemento. Xurdiron entón o contact improvisacion, o release, o body mind centering e o flying low.Estes novos vocabularios posibilitaron unha gran diversidade dancística, ampliaron as fronteiras canonizadas polas fortes aportacións da primeira e segunda xeración e posibilitaron unha nova liberdade expresiva a través do movemento para contar a realidade de fin de século.

1 comentario:

Os rumorosos dijo...

O traballo que facedes é asombroso, non me canso de aprender cousas novas convosco.Hai pouco abrín un blog adicado a promover as actividades culturais en Compostela e xa escribín sobre a vosa escola, e volverei a falar sobre vós en máis ocasións, xa que me encanta o proxecto. Podedes velo en culturaescompostela.blogspot.com Un saúdo