22.2.10

BEGOÑA BAH

Begoña Bah capturou este intre do solo GAME OVER da Cia. Branca Novoneyra durante a presentación do libro Dentro do Labirinto editado por Espiral Maior. A fotógrafa coruñesa, moi interesada no movemento e na danza, recolle o traballo de compañías como Entremáns ou festivais como o Empape. Podedes visitar esta e outras fotos no seu flickr.

15.2.10

SHANTALA SHIVALINGAPPA


Shantala Shivalingappa é unha bailarina de Madras que une o Kuchipudi co impacto que lle produciu a linguaxe coreográfica da alemana Pina Bausch. Neste intenso e elegante SOLO de imaxes trazadas cos brazos concentra toda a experiencia da súa colaboración en Nefés ou Bamboo Blues.

10.2.10

IOGA - ESTILO IYENGAR

En dúas sesións semanais aprenderemos posturas, exercicios de meditación e respiracións con efectos positivos no corpo, na mente e nas emocións.
Introduciremos temas de reflexión sobre a atención, o equilibrio, a dor, a extensión e a relaxación.
Revisaremos precisas indicacións chave dalgunhas posturas co obxectivo dunha práctica segura na túa casa.
Imparte: Mavi Oliva é Mestra de Ioga pola Fundación Herta Rogg. Estudou e Mexico e Filadelfia con mestres certificados no estilo INYENGAR Yoga dende o ano 2003. Na actualidade mantén a súa formación e práctica INYENGAR en Galicia.

Tódolos Martes e Xoves de 19:00 á 20:15h
no Laboratorio de Movementos na Rúa do Medio 15, baixo - Santiago de Compostela.
Máis info e inscripcións no 659.888.709

4.2.10

GAME OVER

GAME OVER é unha peza na que a bailarina Branca Novoneyra, autora do libro Dentro do Labirinto publicado en Espiral Maior, traza un percorrido seguindo a orde dos poemas que o lector atopa na obra. A coreógrafa Kirenia Martínez dirixiu esta viaxe na que a escritora entra dentro do seu labirinto transformado nun videoxogo. Nel a intertextualidade entre danza e poesía chegan ó límite buscando unha saída.