30.1.11

NUMERIDANSE.TV

Numeridanse.tv é un proxecto asociado á videoteca da Maison de la Danse (Lyon) que ten como obxectivo desenvolver a cultura coreográfica en diferentes áreas (difusión, apoio á creación e pedagoxía) e para diferentes audiencias (público en xeral, profesionais e comunidade educativa). Dende o seu site acedemos a unha oferta libre de pezas coreográficas, filmes de danza (documentales, ficción...), entrevistas con importantes coreógrafos e propostas didácticas con recoñecidos profesores. Na primeira entrega: Mathilde Monnier, Viola Faber, Alwin Nikolaïs, Françoise Dupuy e moitos máis. Na imaxe un intre de Soapéra, unha colaboración entre o pintor Dominique Figarella e a coreógrafa Mathilde Monnier.

No hay comentarios: