31.3.11

SESIÓNS EN ABRIL CON MÓNICA GARCÍA


Na primeira quincena de abril a bailarina Mónica García ensaiará no noso espazo La velocidad de las cosas, unha produción apoiada polo Centro Coreográfico Galego, que estreará o vindeiro xuño na Sala Nasa.
Os días 4, 6, 8 e 15 de abril abrirá de 10.00 á 11:00 o seu adestramento sobre un traballo físico co que entrar ó material propio seguindo certas pautas.

Mónica García é titulada en Coreografía e técnicas de interpretación da Danza polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid , ademais de Especialista en “Cambios na Cultura e na Sociedade, novas tecnoloxías, novas industrias e novos usos” pola UOC-LABoral. Podedes ver unha mostra do seu traballo neste vídeo.

Prezo das sesións: 40 euros / 5 prazas/ Info e inscripcións no 659.888.709

No hay comentarios: