12.4.11

AMPLIAMOS AS SESIÓNS CON MÓNICA GARCÍA


Na segunda quincena de abril a bailarina Mónica García seguirá no Laboratorio cos ensaios de La velocidad de las cosas, proxecto de investigación coreográfica apoiado Centro Coreográfico Galego, que estreará a principios de xuño na Sala Nasa.
Os días 19 de 10.00 á 12.00 e o 27 e o 29 de abril de 10.00 á 11.00 abrirá as sesións de adestramento arredor dun traballo físico co que atopar material de movemento propio.

“Neste intre o que mostro como bailarina é consecuencia da miña experiencia na práctica escénica. Para min isto significa que efecto e exercicio son o mesmo…Parto de algo obvio: calquera acción que se repite, que responde a unha partitura escrita de principio a fin - sexa unha acción cotián ou escénica - é posible de mudar, de abrir ó presente no que sucede.”

Mónica García é titulada en Coreografía e técnicas de interpretación da Danza polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid , ademais de Especialista en “Cambios na Cultura e na Sociedade, novas tecnoloxías, novas industrias e novos usos” pola UOC-LABoral. Bailou con Catherine Diverrés para o CCNRB en Francia, no Staatstheather de Damstadt en Alemaña, nas compañías 10&10 e Provisional Danza entre outras. Foi asistente coreográfica en "Das haus of Bernarda Alba" dirixida por Mei Hong Lin para o Staatstheather de Darmstadt e foi profesora de danza para dita compañía.Podedes ver unha mostra do seu traballo neste vídeo.

Prezo das 4 sesións: 40 euros / 5 prazas / Info e inscripcións no 659.888.709

No hay comentarios: