imparte Mariana Vieira
O raqs sharqui ou danza oriental inicialmente foi unha danza ritual de agradecemento á terra e ó corpo femenino. Dende Exipto extendeuse polos paises árabes provocando unha ampla diversidade folclórica.
Neste curso regular centrarémonos no ballet e no folclore exipcio descubrindo varios instrumentos como o veo, snujs (címbalos), bastón e dabke e as danza específicas do folclore exipcio.
A danza oriental implica todas as zonas do corpo, concéntrase no abdomen e na columna vertebral. Tamén traballa internamente todos os músculos, os órganos internos e moi específicamente o ventre.
O raqs sharqui ou danza oriental é unha aventura de coñecemento do propio corpo femenino e do seu potencial.
Clase de proba o venres 7 de outubro
Todos os venres de 18.30 á 20.00h
10 prazas/mensualidade: 35 euros.
Mariana Vieira impartirá un taller intensivo de danza árabe dentro do Festival de Cine Euroárabe Amal a finais de outubro. Podedes atopar máis información sobre esta actividade na súa web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario