A bailarina Mónica García impartirá tamén os mércores e xoves a súa proposta formativa:
“Propoño un traballo de adestramento físico que sitúe o corpo en posición de acoller diferentes posibilidades de movemento. Despois, traballando dende a diversificación da atención que propicia a simultaneidade entre repetición de estímulos e produción de materiais, xeraranse construcións coreográficas transitorias que representan os estados, as velocidades e as dinámicas do corpo. Estas construcións articularanse a través do emprego de distintas ferramentas que manexaremos ó longo deste curso. O obxectivo é atopar dende o contexto proposto unha maneira subxectiva de entender e xerar o movemento.”
Os bloques temáticos básicos sobre os que traballaremos:
- adestramento físico.
- alineación e espazos do corpo.
- xeración de construcións coreográficas transitorias
Os mércores de 20.30 á 22:00 e os xoves de 18.30 á 20.00 de outubro á decembro.
Comeza o día 5 de outubro.
Mínimo 6 prazas e máximo 10 para a apertura do curso.
Mensualidade: 65 euros
Mónica García é titulada en Coreografía e técnicas de interpretación da Danza polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid , ademais de Especialista en “Cambios na Cultura e na Sociedade, novas tecnoloxías, novas industrias e novos usos” pola UOC-LABoral. Bailou con Catherine Diverrés para o CCNRB en Francia, no Staatstheather de Damstadt en Alemaña, nas compañías 10&10 e Provisional Danza entre outras. Foi asistente coreográfica en "Das haus of Bernarda Alba" dirixida por Mei Hong Lin para o Staatstheather de Darmstadt e foi profesora de danza para dita compañía. Podedes visitala na súa nova web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario