8.8.11

CURSO DE DANZA: ESTADOS DISPOÑIBLES – TRAXECTORIAS IRREVERSIBLES (I)


A bailarina Mónica García impartirá un curso de danza no Laboratorio de Movementos de outubro a decembro coa seguinte proposta:

Propoño un traballo de adestramento físico que sitúe o corpo en posición de acoller diferentes posibilidades de movemento. Despois, traballando dende a diversificación da atención que propicia a simultaneidade entre repetición de estímulos e produción de materiais, xeraranse construcións coreográficas transitorias que representan os estados, as velocidades e as dinámicas do corpo. Estas construcións articularanse a través do emprego de distintas ferramentas que manexaremos ó longo deste curso. O obxectivo é atopar dende o contexto proposto unha maneira subxectiva de entender e xerar o movemento.”

Os bloques temáticos básicos sobre os que traballaremos:
- adestramento físico.
- alineación e espazos do corpo.
- xeración de construcións coreográficas transitorias

Horario: Todos os martes e xoves de 20.30 á 22:00 de outubro á decembro.
Sesión aberta e gratuíta o martes 27 de setembro.
10 prazas por orde de matrícula no 659.888.709
Mensualidade: 65euros

Mónica García é titulada en Coreografía e técnicas de interpretación da Danza polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid , ademais de Especialista en “Cambios na Cultura e na Sociedade, novas tecnoloxías, novas industrias e novos usos” pola UOC-LABoral. Bailou con Catherine Diverrés para o CCNRB en Francia, no Staatstheather de Damstadt en Alemaña, nas compañías 10&10 e Provisional Danza entre outras. Foi asistente coreográfica en "Das haus of Bernarda Alba" dirixida por Mei Hong Lin para o Staatstheather de Darmstadt e foi profesora de danza para dita compañía. Podedes ver unha mostra da súa derradeira peza "La velocidad de las cosas" neste vídeo.

No hay comentarios: