Dende o barrio do Bronx chega o Street Dance, unha fusión do hip hop co funky, do krumping e o locking; unha iniciativa para os máis novos que interesados polos bailes urbanos queran potenciar a creatividade, o estilo, a coordinación sempre dende a imaxinación.
Todos os martes e xoves de 18.30 á 20.00 dende o 4 de outubro.
Mensualidades de 45 euros de outubro á xuño.
Alumn@s dende os 12 anos. 10 prazas por orde de matrícula no 659.888.709
Imparte as clases Alo Fernández con formación en danza clásica, bailes de salón e hip hop. A súa proposta inspírase nos bailes actuais e na recuperación dos movementos do hip hop; aposta tamén por unha renovación de estilos dende a imaxinación. A súa aposta musical abrangue dende o Rap Old School de Notorius Big ou Tupac ata ritmos actuais como Jessie J., Ciara, Missy Eliot, La Mala Rodriguez e Shyla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario