A proposta de curso que nos achega Mónica de Nut
para o 15 e o 16 de outubro:
OBXECTIVOS:
- Coñecer e desenvolver as posibilidades vocais personais.
- Evitar problemas relacionados coa voz e o seu uso.
- Obter o mellor rendimento vocal co menor esforzo.
- Coñecer e exercitar as técnicas de relajación e respiración adecuadas para a fonación con conciencia corporal.
- Dotar de firmeza, alcance, flexibilidad e naturalidade á voz .
- Análise das cualidades do son vocal para conseguir a máxima gama de matices: volume, entoación, duración, ritmo, velocidade… aproximando a voz falada ó canto e viceversa.
- Descubrir formas de expresar coa voz a emoción e o propósito do discurso.
- Cantar cancións como solista e a coro propostas no cursos e polo alumnado.
METODOLOXÍA:
Curso práctico no que os/as participantes exercitan as técnicas que se van presentando na súa maoría en grupo. Comprobarán a súa utilidade con exercicios corporais de respiración e movemento, con outros de descubrimento e traballo das cualidades vocais e comunicativas. Atenderase especialmente a coordinación da linguaxe corporal e vocal sen obstaculizarse; enriquecéndose e completándose entre sí na fala e no canto.
PROGRAMACIÓN E CONTIDOS:
SÁBADO 15 de outubro:
1ª sesión: Sábado de 10:00h á 12:30h.
Presentación
Quecemento corporal e respiración para a fala e o canto I
Vocalización para a fala e o canto I
2ª sesión: Sábado de 12:30h á 14:00h.
Traballo de canción a varias voces (entoación, rexistro, dicción, empaste, dinámica… no canto)
3ª sesión: Sábado de 16:00h á 18:00h.
Quecemento corporal e respiración aplicada ó canto II
Vocalización aplicada ó canto II
Comentario dos apuntes de técnica vocal facilitados
4ª sesión: Sábado de 18:00h á 20:00h.
Traballo de cancións para solista con acompañamento instrumental gravado
(entoación, rexistro, dicción, empaste, dinámica… no canto)
DOMINGO 16 de outubro:
5ª sesión: Domingo de 10:00h á 12:00h.
Quecemento corporal e respiración aplicada ó canto III
Vocalización aplicada ó canto III
Resposta a preguntas dos apuntes facilitados
6ª sesión: Domingo de 12:00h á 14:00h
Traballo doutra canción a varias voces (entoación, rexistro, dicción, empaste, dinámica… no canto)
Repaso e perfeccionamento da primeira canción
7ª sesión: Domingo de 16:00h á 18:00h
Equilibrio do espacio sonoro: planos, empaste, efectos coa voz entoada
Traballo de cancións para solista con acompañamento instrumental gravado
(entoación, rexistro, dicción, empaste, dinámica… no canto)
8ª sesión: Domingo de 18:00h á 20:00h
Traballo co material musical ou teatral que o alumnado estea a traballar persoalmente
Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… ten experiencia na interpretación teatral e na expresión corporal. Estudiou piano e pedagoxía musical diplomándose na Universidade de Vigo. Formouse no canto lírico licenciándose na Escola Superior de canto de Madrid na especialidade de Teatro Lírico, no canto tradicional en varias agrupacións e no jazz na escola Estudio de Compostela e no S.P.J. de Pontevedra.
Ademáis de cantar en varias agrupacións como Isga Collective, o duo Litanei, pandeireteiras A Buxaina… lanzou un primeiro disco de Mónica de nut trío, con Paco Dicenta ó baixo e bases eléctrónicas e Virxilio da Silva á guitarra.
Participou tamén en montaxes operísticas e de teatro musical; incluída a interpretación de Jenny na Ópera dos tres reás de Bertolt Brecht e Kurt Weill dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.
Máximo 10 prazas por orde de matrícula no 659.888.709.
Prezo: 120 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario